Pastor Rodríguez. Nado en Noia en 1955, Antonio García Allut estudou Filosofía na Universidade de Compostela. Malia a súa orixe noiesa, viviu en Carnota onde seu pai exercía de médico, e vila onde comezou a se interesar polos temas marítimos, nos que é un especialista, como amosan os seus traballos A vila mariñeira de Muxía (A Coruña), publicado en 1989 no volume colectivo Vivindo do mar. Antropoloxía da pesca en Galicia; Estudio etnográfico dun espacio central na vida dos pescadores de Lira (A Coruña), publicado na revista Grial en 1990; Del libre acceso a la propiedad pesquera de Muxía (Galicia), aparecido en Eres. Seguir lendo Un antropólogo de Noia
Todolos artigos de: cafebarbantia
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXII. José de Valdivieso e o Apóstolo
Román Arén. O toledano José de Valdivieso crese que naceu arredor de 1560. Ben coñecido pola súa dramaturxia, foi tamén bo poeta, famoso polo seu Romancero espiritual, editado varias veces no século XVII, unha delas en Madrid en 1638 e aínda reeditado en 1880. Outras das súas obras foron unha Vida de San José (1604) e o poema heroico Sagrario de Toledo (Madrid, 1616). O mellor da súa poesía adoita ser a que glosa cancións populares: letrillas e seguidillas, pero foi tamén autor de bos romances. En 1622 publicáronse os seus Autos sacramentales, e en 1630 os Elogios al Santísimo Sacramento. Hai reedición de 1984 do seu Romancero espiritual, a cargo de J. M. Aguirre, e desta obra a primeira parte xa saíra do prelo en Toledo en 1612. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXII. José de Valdivieso e o Apóstolo
Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas
Pilar Sampedro. Hai libros que se saen dos límites prefixados; algo así pasa con Anacos de vida. Un libro de imaxes que, segundo David Rubín, “son máis de banda deseñada ca ilustracións en si mesmas, xa que están cheas de ritmo e narrativa”. Concordo con el porque cada lámina dá para poñer en marcha un relato, e tamén concordo coa editorial en que estas imaxes van acompañadas de pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares Seguir lendo Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas
A primeira boneca
Encarna Pego. Hai días que Vigo apagou as luces de Nadal e que as crianzas recibiron a visita farturenta dos Magos. Véñenme á memoria cousas que lles ouvín aos meus vellos.
A sorpresa de miña nai, a nena da casa, foi cando o maior dos irmáns regresou de Ferrol coa mili cumprida e lle trouxo unha boneca de verdade. Seguir lendo A primeira boneca