Un antropólogo de Noia

O Escritor. Antropoloxia_mariñeiraPastor Rodríguez. Nado en Noia en 1955, Antonio García Allut estudou Filosofía na Universidade de Compostela. Malia a súa orixe noiesa, viviu en Carnota onde seu pai exercía de médico, e vila onde comezou a se interesar polos temas marítimos, nos que é un especialista, como amosan os seus traballos A vila mariñeira de Muxía (A Coruña), publicado en 1989 no volume colectivo Vivindo do mar. Antropoloxía da pesca en GaliciaEstudio etnográfico dun espacio central na vida dos pescadores de Lira (A Coruña), publicado na revista Grial en 1990; Del libre acceso a la propiedad pesquera de Muxía (Galicia), aparecido en Eres. Antropología en 1990; A outra ciencia: saberes artesanais e adaptación en dúas poboacións mariñeiras galegas, editado en A Trabe de Ouro en 1996; Antropoloxía da pesca en Galicia, publicado en 1998 no volume Historia da pesca en GaliciaOs pescadores como creadores de coñecemento experto: o seu papel no deseño de novas políticas pesqueiras no volume Antropoloxía mariñeira coordinado por Francisco Calo Lourido no ano 1998. Tamén en inglés apareceron algúns dos seus estudos, caso do titulado From open access to communal propertyThe case of the fishing conmunity in Muxía, editado en 1994 nun volume colectivo en París. Profesor de Antropoloxía Cultural na Universidade da Coruña, é membro da Asociación de Antropólogos Europeos. Preocupado pola dificultade na comercialización de moitas comunidades pesqueiras, viaxou a África e América Latina para pór en marcha proxectos en zonas deprimidas de pescadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *