Galicia e os galegos na poesía castelá CLXII. José de Valdivieso e o Apóstolo

30128409226Román Arén. O toledano José de Valdivieso crese que naceu arredor de 1560. Ben coñecido pola súa dramaturxia, foi tamén bo poeta, famoso polo seu Romancero espiritual, editado varias veces no século XVII, unha delas en Madrid en 1638 e aínda reeditado en 1880. Outras das súas obras foron unha Vida de San José (1604) e o poema heroico Sagrario de Toledo (Madrid, 1616). O mellor da súa poesía adoita ser a que glosa cancións populares: letrillas e seguidillas, pero foi tamén autor de bos romances. En 1622 publicáronse os seus Autos sacramentales, e en 1630 os Elogios al Santísimo Sacramento. Hai reedición de 1984 do seu Romancero espiritual, a cargo de J. M. Aguirre, e desta obra a primeira parte xa saíra do prelo en Toledo en 1612. Do “Romance en alabanza de Santiago, estando descubierto el Santísimo Sacramento” escolmo algúns versos da estensa peza referentes non só a Santiago, senón tamén á Orde desde nome:

Muy de cavalleros es,/Diego, servir a las damas,/y más si por parentesco/les toca ser de su casa…

Ben se sabe que Diego, Iago, Xacobe ou Xácome son diferentes variantes para chamar o apóstolo Santiago.

Pues que sois de los privados/que el Rey a su lado saca,/del Tabor para sus glorias,/del huerto para sus ansias./Pues prometéis, por cubriros,/hazer tan nobles hazañas,/que cubriros y sentaros/lo merezcáis por la espada./Mirada, segundo Jacobo,/que el cielo os echa otra escala/para que subáis por ella/a la silla deseada.

Santiago é o segundo Xacobe en referencia ao Antigo Testamento, no que Xacob viu en soños unha escada que chegaba ao ceo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *