Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

9788412171921Román Arén. Non coñecín a poesía de Rodolfo Serrano, mais polo seu último libro, El frío de los días (2021), descubro que este é o seu décimo poemario e que músicos como Javier Nervio, Ismael Serrano ou Andrés Molina puxeron música a algúns dos seus poemas. O autor naceu en 1947 en Villamanta (Madrid) e foi xornalista, premiado polas súas crónicas parlamentarias editadas en <El País> e, ademais, gañou o Premio Mesonero Romanos pola súa colección de artigos “Historias de Madrid”. Fóra diso, publicou ensaios, novelas e libros de historia. No volume El frío de los días, subtitulado “Viejos tangos encontrados en una maleta”, atopo o poema “Noche en la aldea”, adicado a Valle-Inclán, ou, mellor, a Bradomín. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

Adicto á eternidade

X. Ricardo Losada. Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos teñen unha intensidade tráxica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi próximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo Morreu no seu tempo ou Era o mellor que lle podía pasar. Porén, a medida que pasan os anos, aumenta o número de enterros aos que asistimos, pero a dor perde intensidade, agás en casos moi concretos, do mesmo xeito que perde temperatura un cuarto se abrimos as portas e as ventás. Seguir lendo Adicto á eternidade

Este é o meu hórreo

O Fío de Ariadna. ImaxeMaría Rey. Este é o meu hórreo; símbolo pétreo do país que me viu nacer. Alfaia alén dos tempos. Ogallá que os pedreiros que tan sabiamente colocaron estas e outras pedras, puidesen, dende o alén, ver as resultas do seu intuitivo saber que, sen teren pisado os chans de ningunha escola, dominaban os misterios do equilibrio como se caesen ao mundo con esa única misión. A de construír hórreos. O tempo pasa, e as súas singulares e rexas siluetas seguen a enriquecer o cadro da paisaxe galega. A dureza das súas ben arrombadas pedras acubillan a máis nobre función: curar e gorecer as colleitas que garanten o pan de todo o ano. Seguir lendo Este é o meu hórreo

Epílogo do esquecemento

71ENfEnMZ8L._AC_SY879_Olaia González Abalo. Como cada tarde agardaba a que o seu antigo reloxo de cuco cantase ás 16.00 horas. Sentada no seu avellentado sofá espremía os últimos minutos amosándose inqueda. Mentres tanto, o paxaro, fiel á súa cita, coa mesma puntualidade de hai medio século, acudía canso polo piar de toda unha vida. Aínda que en ocasións parecía resistirse a saír do seu niño, finalmente entoaba o cántico anxelical de todas as en punto. Era entón cando ela se amosaba coma unha princesa vestíndose coas súas mellores galas. Á media hora da cita quería ter todo baixo control. De forte carácter e ruda personalidade, á súa avanzada idade era quen de pór toda a servidume a cen para que non esquecesen ningún detalle. Seguir lendo Epílogo do esquecemento