Todolos artigos de: cafebarbantia

Unha historia para vender

descargaMarina Losada Vicente. Estou na praia intentando durmir. Unha muller charla cunha amiga, toalla contra toalla, a tres metros de onde eu repouso. Escoito todo o que din, mal que me pese. Así son sabedora de que a súa filla Teresiña é unha apaixonada do ouro. Desde rapaza pide xoias do precioso metal nos seus aniversarios, no Nadal, na súa onomástica… Seguir lendo Unha historia para vender →

Bobok, de Dostoievski

1462282Fidel Vidal. Bobok en ruso significa feixón, faba pequena, algo insignificante e cativo, mais tamén, seguindo os pasos dunha onomatopea, se se repite, pódese dicir da fala inintelixible, dun farfallar. Mesmo das derradeiras boqueadas dunha fala. Bobok -o conto máis hiperbólico e fantástico que escribiu Dostoievski-, segundo algúns autores (Nogales-Baena) puido influír no Pedro Páramo de Juan Rulfo, xa que logo, en ambos os dous, os mortos falan, os defuntos -mortos falantes-, conversan entre eles. Conversacións con trazos alucinatorios que o alcohólico Ivan Ivanych escoita no cemiterio e nos relata o que alí embaixo sucede. Seguir lendo Bobok, de Dostoievski →

Aquelas festas do Patrón

PATRONEmilio Castro Fustes. Sorrío ao atopar a imaxe que acompaña este texto, entre as láminas dun vello álbum, sobre o que se derramou inexorablemente o tempo. A instantánea corresponde a un día do Patrón aló polos primeiros anos da década dos 60 do século pasado. Madía leva que perdera nitidez e que moitas desas vidas xa teñan caducado. Seguir lendo Aquelas festas do Patrón →

Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX

110464331Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX →