Todolos artigos de: cafebarbantia

Tesouros da lingua

descarga (3)Fidel Vidal. O mundo, referíndose no seu día a Galicia Luís Seoane, está cargado de nomes e de historia, de historias. Así é que, ao comprobar o mal que nos vai, por culpa do deterioro cultural e material que asiste a este noso país tan desasistido, o seu temor a que as cousas, ricas mesmo en apelativos, fosen perdendo os seus perfís e a súa denominación, correndo o risco da caída no baleiro e na regresión Seguir lendo Tesouros da lingua

Non nos intimida acariñar o elefante

descarga (1)Mariña Pérez Rei. Adoita presentarse o traballo poético coma unha angueira individual, non exenta de misticismo e de halos bucólicos. Como moito, unha suma antolóxica e taxada de varios creadores exentos. Poucas veces se fala do elo que une autores e autoras, do traballo horizontal que nos alimenta, da conexión, da confluencia, das pontes que nos conectan. Sen menosprezar o esforzo individual, deberiamos recoñecer cando menos que a literatura ten moito máis peso colectivo do que se lle outorga, e que a autoría é unha creación relativamente moderna que medra ao amparo do selfie e do copyright. Seguir lendo Non nos intimida acariñar o elefante

O nigromante, ensaio para un conto de terror

711jlbtwBaL._AC_SX522_Domingo Regueira. Nunha sesión de control, as rústicas forman un cono truncado na praza do Rueiro para indagar sobre a entidade dun foráneo, que ven establecerse no barrio.

Con ollares de pelouro e bocas de asubío, polo branco do ollo reparan unha solaina.

—Din que alugaron a casa!

—Pois…, disque si; e quen vén para ela?

—Falan dun necrófago. Seguir lendo O nigromante, ensaio para un conto de terror