Uxía Casal. As protuberancias que se ven nas pólas provócaas unha enfermidade específica desta árbore: a tuberculose das oliveiras; non lle fai mal a ningún ser vivo máis ca a elas. Pódese frear o seu avance, seica, cun preparado de cobre, mais os especialistas dubidan dos seus efectos e dan este espécime por desafiuzado. Seguir lendo Tuberculose
Todolos artigos de: cafebarbantia
Ondas de identidade
Marina Losada Vicente. -Túa nai, aínda de maior, segue sendo unha muller elegante- dime unha amiga, nun contexto no que queda claro que eu non llo parezo. Recórdame un comentario de mamá, diso hai moitos anos, no que afirmaba que se ela traballara nunha oficina, como era o meu caso, iría sempre de punto en branco. Pode unha muller estar impecable en zapato raso e sen medias? O notable é que, no caso de miña nai, si. Mais isto non vai de mamá, vai de min, que empezo a escorregar nun suco que non labrei. De nena, a siña Lela a Caramuxa advertíame de que non tiña os andares e o garbo de miña nai, á que daba gusto ver pasar. Se agora me vira a siña Lela, daríase de conta? Seguir lendo Ondas de identidade
Galicia e os galegos na poesía castelá CL. Garci Sánchez de Badajoz
Román Arén. Se establecésemos un índice de cales son os escritores galegos en castelán máis famosos, probablemente citariamos a Valle-Inclán e a Cela, a Emilia Pardo Bazán e a Torrente Ballester, a Cunqueiro e a Rosalía, a Feijoo e a Concepción Arenal, a Valente e pouco máis. E, sen embargo, esqueceriamos a moita sona que tiveron algúns escritores medievais como Macías Rodríguez do Padrón. No caso do primeiro a fama é maior cá obra e a súa lenda amorosa anda nos versos de Mena e Gregorio Silvestre, no teatro e na novela de Larra, en Diego de San Pedro e en Villena, no teatro de Lope e Romero Larrañaga, en Quevedo e Calderón e noutros autores. Só outra figura medieval é tan famosa entre os galegos: Inés de Castro, a de reinar despois de morrer. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CL. Garci Sánchez de Badajoz
Bosa, o castelo da familia Malaspina
Xerardo AgraFoxo. Esta é unha cidade, con certo aire renacentista, que se atopa empolicada encol dun outeiro, un cumio erguido a carón dun río que é navegable, caso único nesta illa, no último treito para embarcacións de pouco calado. Sobre este emprazamento estratéxico ergueuse na montaña de Serravalle o impresionante Castello dei Malaspina Seguir lendo Bosa, o castelo da familia Malaspina