Todolos artigos de: cafebarbantia

O libro das profecías. “Asa de cántaro”

berza-asa-de-cantaroMauricia Ces Quintáns. — Un día fun á leira do Pedroso, na que entesta o cachón de Lela das Piñas. E, miña filla, quedei… parva! Quedei atónita!! Mi madriña!!! Unhas coles! Pero unhas coles!! Grandísimas!!! Máis altas ca min!! Unhas coles tremendas!!! Chámanlles… como lles chaman… cántaro, de cántaro!

— De asa de cántaro.

— Si, iso! De asa de cántaro, díxomo túa prima Xoana. Unhas follas grandísimas! Seguir lendo O libro das profecías. “Asa de cántaro” →

O sentido dun final, de Julian Barnes

41fft2PoWwL._SX308_BO1,204,203,200_Fidel Vidal. O sentido dun final, de Julian Barnes (Rinoceronte, 2012), novela de menos de duascentas páxinas, acadou o Premio Booker, está dividida en dúas partes ben definidas. A primeira contén episodios de mocidade, da escola, da relación entre amigos e, especialmente, a estrea de contactos con mozas. “Non me interesa moito a miña época escolar e non a boto en falta. Pero no colexio é onde comezou todo”. Tres amigos, “Colin, Alix e mais eu, Tony Wesbter”, convértense en catro coa integración no grupo de Adrian Finn, “un rapaz alto e tímido” que citaba a Camus e “para quen o suicidio era a única auténtica cuestión filosófica”. Seguir lendo O sentido dun final, de Julian Barnes →

Liquidación emocional e esperanzas marcianas

madre-e-hijoIgnacio Castro Rey. Unha emoción é “un estado afectivo intenso que aparece de forma súbita e que vai acompañado de cambios condutuais, fisiolóxicos e hormonais pasaxeiros”. Podemos dicir que as emocións e os sentimentos son equiparables, aínda que algúns estudosos definen estes últimos como estados anímicos menos intensos e cunha duración a longo prazo. Seguir lendo Liquidación emocional e esperanzas marcianas →

Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais

70378942_2538504529529385_6236794299116158976_nCarlos Cimadevila Álvarez. Ao longo destes anos nos que vimos celebrando o Seminario sobre a Memoria Histórica, dende Nova escola Galega como dos IES de Melide e o Félix Muriel de Rianxo, foron moitos os efectos colaterais que nos aconteceron, tanto positivos como negativos.

En primeiro lugar queremos renderlle un emotivo homenaxe a aquela persoas que xa non están entre nós, Xaquín Yebra Pimentel, Xesús Costa Rodil e Xiana Vilar Sopeña.

Xaquin Yebra, compañeiro e co fundador do Seminario, quen foi recordado no seu IES de Melide Seguir lendo Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais →