Román Arén. Nacido en Torrelavega en 1959, é un poeta xa de ampla obra dende Ciudad lenta del asombro (1985), pois en 1988 editará Lectura de las aguas e en 1989 Los últimos días, e xa non volverá editar ata 2001, cando tira do prelo Deudas de juego. Logo virán Norte magnético (2003), Dominio (2005), Oteando (2005), Lugar (2006), Canción oscura /2007), Verano, invierno (2007), Montaña roja (2008), Campo de Marte (2011), Violeta profunda (2012), quizais a máis coñecida das súas obras, Sex(t)o sentido (2014), Di, realidad (2015). En 2006 apareceu a súa primeira escola, La propia voz. Poemas escogidos (1985-2005) e no 2015 compilou a súa obra en Dominio. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLV. Rafael Fombellida
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIV. Enrique de Villena
Román Arén. É moi coñecida a novela romántica de Larra El doncel de don Enrique el Doliente, na que o doncel é Macías e o doente, Enrique de Villena, un verdadeiro humanista do século XV, nacido en 1384, neto de Henrique II, Mestre de Calatrava, e morto en 1434. Tivo fama de bruxo no seu tempo,, pois foi autor de Tratado de astrología (1428) e do Libro de fascinología o el aojamiento (escrito en 1422-1425 e editado en 1876). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIV. Enrique de Villena
Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste
Román Arén. Mariano Gómez Fernández naceu en El Espinar, Segovia, en 1903. Comezou a súa andaina como poeta con Primera salida (poemas) (Segovia, 1925), para logo aproximarse á poética da Xeración do “/ cos poemarios Fiesta (Salamanca, 1929) e El sol por otros cielos (Madrid, 1935). Moi amigo de Eduardo Dieste, colaborou na revista <P.A.N.> e prologou o libro do uruguaio-galego Buscón poeta y su teatro (1933). A súa sinatura apareceu en revistas de vangarda como <Papel de vasar> e <Manantial>, mais tamén en <Atlántico> e <Castilla Gráfica>. Participou na guerra civil como miliciano e escribiu en <Umbral>, <Nova Galiza> e <Hora de España>, onde coincidiu con Rafael Dieste. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste
Regreso ao futuro
Mauricia Ces Quintáns. Cada verán desexo o regreso atrás. Ao marasmo da invernía, á monotonía da chuvia tralos cristais. Á posición fetal do punto de partida. Adormecer no diván do esquecemento. Estar no vento até caer estarrecida. Pensar que fago aquí, nesta galaxia descoñecida, fría, cada vez máis afastada da luz, máis próxima ao sol que derrete os sentidos. Volver. Cada verán coa súa opulencia, a súa falsidade, co seu brillo. Ao silencio. Cada verán, promesa incumprida cada verán, cada día, o futuro máis lonxe, inaprensible. Seguir lendo Regreso ao futuro