Galicia e os galegos na poesía castelá. CLV. Rafael Fombellida

2IAVARL3VYLC4M5MKDCGDAFHYMRomán Arén. Nacido en Torrelavega en 1959, é un poeta xa de ampla obra dende Ciudad lenta del asombro (1985), pois en 1988 editará Lectura de las aguas e en 1989 Los últimos días, e xa non volverá editar ata 2001, cando tira do prelo Deudas de juego. Logo virán Norte magnético (2003), Dominio (2005), Oteando (2005), Lugar (2006), Canción oscura /2007), Verano, invierno (2007), Montaña roja (2008), Campo de Marte (2011), Violeta profunda (2012), quizais a máis coñecida das súas obras, Sex(t)o sentido (2014), Di, realidad (2015). En 2006 apareceu a súa primeira escola, La propia voz. Poemas escogidos (1985-2005) e no 2015 compilou a súa obra en Dominio. Poesía 1982-2014. Autor tamén de unha obra en prosa, Isla Decepción (2010), no 2021 aparece unha nova antoloxía da súa obra, Mi lado izquierdo en Sevilla por Renacimiento, en edición de Xelo Candel Vila, autor tamén do extenso prólogo.

É nesta escolama onde lemos “Arredor da illa”, pertencente a Violeta profundo, libro escrito entre 2009 e 2010. Malia o título o poema está en castelán e a illa é a Illa de Arousa:

En la isla de Arosa había un puerto/con churretes de brea y aves petroleadas./Pero tú te enlazabas y nos daba lo mismo./Una vez te sentaste en una barca/rotulada “Carmiña y Xosé Carlos”./Yo te tiré la foto y seguimos andando./Había un arcoíris de aceite de motores/y un pesquero quemado por los vándalos,/o quizá fuera el dueño, por cobrar el seguro./Todo esto olvidaríamos al llegar al pinar./Pero el pinar estaba algo distante/y nos salían al camino boyas/empecinadas y cadenas puercas/como las pantorrillas de un paria de Calcuta./Entre primos de mar hallaste tú el reposo/mientras yo contemplaba el botar triste/de los mariscadores de la ría./Dormías tú, no yo. Soñaba en alta voz/con olor a alquitrán y gasolina,/la clandestinidad de los montres Evinrude,/las gaviotas pudriéndose sobre la arena negra/y el pesquero cremado como un mártir de Dios/soñaba en esas cosas que me gustan,/las que causan desgarro, repugnancia o delito./Cosas que solo puedo pensar mientras tú duertes.

Xelo Candel sinala a independencia da poética de Fombellida, sobre todo dende Deudas de juego, abandonados xa os poemas en prosa, impresionistas e algo herméticos, dos anos oitenta. Agora o autor pisa un novo territorio, cunha poesía baseada na experiencia subxectiva e asistemática.

Un poeta moderno, si, pero que reúne diversas tradicións, entre elas a romántica, entendida como o triunfo da creatividade fronte ao idealismo neoclásico. Agora trátase de crear mundos posibles, é dicir, do ideal do romanticismo alemán. Pero esta orixe no idealismo alemán non exclúe a decepción. Nin o culturalismo (Rilke, Eliot, Ungaretti, Lowry, Saba, M. Moore…), maioritariamente de raíz simbolista e imaxinista. Prodixios do cotián camiño da nada, do abismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *