Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIV. Enrique de Villena

0000003_El_Arte_Cisoria_del_Marques_de_VillenaRomán Arén. É moi coñecida a novela romántica de Larra El doncel de don Enrique el Doliente, na que o doncel é Macías e o doente, Enrique de Villena, un verdadeiro humanista do século XV, nacido en 1384, neto de Henrique II, Mestre de Calatrava, e morto en 1434. Tivo fama de bruxo no seu tempo,, pois foi autor de Tratado de astrología (1428) e do Libro de fascinología o el aojamiento (escrito en 1422-1425 e editado en 1876). Ademais escribiu unha arte de Trovar en 1423, que editou o galego F.Y. Sánchez Cantón en 1923, un Tratado de la lepra (1417), unha Arte cisoria (1423), e foi tradutor da Eneida (edición de P. Cátedra en 1989), da Divina Comedia e de Los doce trabajos de Hércules, ademais de poeta. Contamos hoxe coas súas Obras completas (1994). Vesteiro Torres lembrou que Villena rendeu tributo a Macías na Querella de amor, sen citalo sempre expresamente, pero citando os seus versos:

Desperté como espantado,/y miré a do sonaba/el que de amores quejaba/bien como damnificado./Vi a un hombre se llagado/de un golpe de flecha,/y cantando tal endecha/con semblante tribulado:/<De ledo que era, triste/¡ay, amor! Tú me tomaste/la hora que me quitaste/la señora que me diste>.

Cito só un fragmento, pero na Querela Villena pon varios fragmentos de cantigas en boca de Macías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *