O país dos outros

leilaXerardo AgraFoxo. Logo de gañar o Premio Goncourt 2016 con Canción doce, onde narra o enfrontamento entre unha nai burguesa de orixe magrebí, e súa neneira, unha muller branca de orixe humilde, Leïla Slimani (Rabat, 1981), dirixe agora a ollada cara ao seu país natal, Marrocos, que se converte no pano de fondo do conflito xurdido na década dos anos 50 do século pasado, cando os ventos da independencia sopraban con forza no norte de África.

O país dos outros (2021) arranca no ano 1957 coa chegada de Mathilde, unha alsaciana humilde, á terra do seu home, Amín Belhach, un marroquí de  Meknes, un militar de pel escura do exército francés durante a II Guerra Mundial. O amor que xurdira en Alsacia trasládase ás terras resecas do Rif, onde deciden levar adiante unha granxa entre as dificultades económicas da época e os abraiantes conflitos que sofre ela por mor do desarraigamento e o patriarcado.

A través dunha escrita sen aderezos estilísticos, o lector vese mergullado nunha saga familiar que semella un fresco daquel intre tan controvertido. Unha historia que se converterá nunha triloxía logo de que Leïla Slimani rexeitase as pretensións de Macron para convertela en ministra de Cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>