Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez

168315248Román Arén. En 1538 edítase en Valladolid a obra Los seis libros del Delphin de música en cifra para tañer vihuela do músico granadino Luis de Narváez, nado arredor de 1500 e morto entre 1550 e 1560. Estamos pois ante un músico que compón para as letras dos poetas. Ben se sabe que mesmo en lingua galega, ou que pretende selo, aparecen vilancetes e cantigas paralelísticas nalgunhas obras musicais do século XVI, como é o caso do Libro de música de mano intitulado El Maestro  (Valencia, 1534) de Luis milán (“Falai, miño amor, / falaime; / si non me falais / mataime…”) ou no Cancioneiro de Upsala (Villancicos de diversos autores, a dos y a tres y a cuatro y a cinco boces, Venecia, 1556), editado de novo en 1909 por Rafael Mitjana nesa cidade de Suecia Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXII. Ángels Cardona

518-01Román Arén. A presenza do Camiño de Santiago, da peregrinaxe xacobea, está presente na poesía castelá dende a Idade Media, nas obras maiores de Gonzalo de Berceo e do arcipreste de Hita, e esa tradición, algo esmorecida ata o século XX, volve de novo nese século. Un bo exemplo pode ser un libro de Ángels Cardona Castro (Tarragona, 1923-Barcelona, 2011): Camiño de Santiago, el rostro del paisaje, editado en 1989. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXII. Ángels Cardona