Román Arén. O segoviano Juan Contreras e López de Ayala (1893-1978) foi moi coñecido como historiador da arte, xa que de 1946 a 1963 foi catedrático de Arte Hispanoamericana, membro da Real Academia da Historia e da de Belas Artes de San Fernando e autor de obras como El arte gótico en España (1935) e a Guía de Segovia (1957). Pero el mesmo recoñecía que a súa verdadeira vocación fora a de poeta, e así publicou obras como Poemas arcaicos (1913), Poemas de añoranza (1915), Poemas castellanos (1920), Romances del llano (1924), Sonetos espirituales (1925) e Cantar de las tierras altas (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVIII. O Marqués de Lozoya
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVII. Luis Rosales
Román Arén. Foi un gran poeta Luis Rosales (1910-1992), pero vese preterido ás veces polo seu apoio ao franquismo e polo “asunto Lorca”. Comezou como poeta con Abril (1935), neoclásica pero de gran calidade. Na guerra enlixou o seu nome coa poesía franquista, pertenceu ao núcleo de <Escorial>, pero publicou logo dous grandes libros: La casa encendida (1940) e Rimas (1951). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVII. Luis Rosales
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana
Román Arén. Nacido en Lisboa en 1582, o conde de Villamediana pertence á primeira xeración poética do século XVII, a carón de Quevedo, Rioja ou Carrillo Sotomayor. Logrou como poeta sintetizar as diversas correntes que conflúen no Século de Ouro: petrarquismo neoplatónico, sátira brutal, elexía funeral… Famoso na lenda polo seu asesinato e os seus amores frustrados, faleceu o domingo 21 de agosto de 1622. Moi lido no seu tempo, as súas obras editáronse en 1629, 1634, 1635, 1643, 1644 e 1648, esquecido logo dous séculos, no XIX espertou de novo interese, pero a súa obra reimprimiuse só chegado o século XX. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana
Homenaxe a Xabier Docampo
Pilar Sampedro. Ás veces faise tarde a homenaxe e, tamén, o comentario sobre a mesma.Morrera Docampo a finais do curso pasado. Case un ano máis tarde xuntámonos unha serie de entidades para celebralo, tal como toca facelo cun escritor: lendo a súa obra. Seguir lendo Homenaxe a Xabier Docampo