Arquivo da categoría: Poesía

Apego de terra

48298819827_ce2eb3e909_cXosé Manuel Lobato. Afasta Negrumante deste nártice outonal as sete damas da festa. Así che reclaman con afouteza, aparta o teu degoxo desta festeira vila.

Fermosos solpores de esgotamento estival decoran as augas da ría anfitrioa de Ulla e Té, esplendorosos coloridos sobre ese mar de Rianxo que beixa con delicadeza unha contorna  enfeitizada para calquera cálida mirada.

A sensibilidade do ser humano consegue que as persoas nunha grande maioría se identifiquen e mergullen nesa terra onde moran de hábito. Seguir lendo Apego de terra

A sombra da cinza, de Fidel Vidal

978841205790Javier Peteiro. “Nada máis puro, e sen opor ningún pero, o aire que respira o universo en cada ser, a vibración e o ritmo en cada único verso (Fidel Vidal)”. A alma resoa, como dicía F. Cheng, e parece facelo co universo, no verso. No novo libro de Fidel Vidal estamos ante unha “forma de gozo”, como el mesmo sinala. A poesía de Xulio L. Valcárcel é tomada por Fidel como fío condutor da súa reflexión, como unha senda desde a que dirixir a súa mirada, en liberdade, que, por selo, ten que ser ampla, facéndose incluso libertinaxe cando de se trata de reflexión, como el mesmo di ao principio.  Seguir lendo A sombra da cinza, de Fidel Vidal

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

francocodigonuevo-930x600Román Arén. Os que vivimos no franquismo temos lido e oído os panexiristas de Franco cualificalo de “centinela de Occidente”, “Caudillo”, “espada que venció al comunismo” e ata que era gran cazador e pescador, pero o do sorriso de Francisco Franco logra aínda deixarnos abraiados. Pero non debía ser así entre 1936 e 1945, xa que os seus poetas turiferarios tiñan moi presente este sorriso. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Seguir lendo Nova York en José Martí