Arquivos da categoría Poesía

A sombra da cinza, de Fidel Vidal

978841205790Javier Peteiro. “Nada máis puro, e sen opor ningún pero, o aire que respira o universo en cada ser, a vibración e o ritmo en cada único verso (Fidel Vidal)”. A alma resoa, como dicía F. Cheng, e parece facelo co universo, no verso. No novo libro de Fidel Vidal estamos ante unha “forma de gozo”, como el mesmo sinala. A poesía de Xulio L. Valcárcel é tomada por Fidel como fío condutor da súa reflexión, como unha senda desde a que dirixir a súa mirada, en liberdade, que, por selo, ten que ser ampla, facéndose incluso libertinaxe cando de se trata de reflexión, como el mesmo di ao principio.  Continue reading A sombra da cinza, de Fidel Vidal

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

francocodigonuevo-930x600Román Arén. Os que vivimos no franquismo temos lido e oído os panexiristas de Franco cualificalo de “centinela de Occidente”, “Caudillo”, “espada que venció al comunismo” e ata que era gran cazador e pescador, pero o do sorriso de Francisco Franco logra aínda deixarnos abraiados. Pero non debía ser así entre 1936 e 1945, xa que os seus poetas turiferarios tiñan moi presente este sorriso. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Continue reading Nova York en José Martí

Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI

adeliaRomán Arén. Gustavo Sánchez Galarraga naceu na Habana en 1892 e aos catorce anos publicou o seu primeiro poema e xa non parou ata o ano da súa norte, en 1934, pois publicou trinta e dous poemarios, entre os que destacan La fuente matinal (1915), Lámpara votiva (1917), La barca sonora (1917), Copos de sueño (1918), Excelsior (1919), Camionero de la vida (1920), La copa amarga (1920), Cromos callejeros (1920), Glosas del camino (1920), Música triste (1920), Flores de agua (1921), Senderos de luna (1924), Las espinas del rosal (1927)… Ademais foi dramaturgo (Teatro, 1918-1929, nove tomos), crítico teatral (El arte teatral en Cuba, 1916), autor de aforismos e de zarzuelas musicadas por Lecuona. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI