Román Arén. Se hai un tópico sobre a alimentación dos galegos no século XVII é o dos nabos, a nosa comida nacional para os poetas casteláns; o touciño aparece moito menos. Nabos, pois, miles de nabos, “nabos filisteos” para Luis de Góngora, “Tierra de tocino y nabos” para Quevedo, e Lope, burlándose, di que foi o sobriño dun dos seus personaxes “el primero que sembró/nabos en Galicia” ou en Santa Casilda o criado galego afirma “adonde entre otros esclavos/cautivé, cogiendo nabos,/que era batalla naval”, pois é Galicia terra fértil “de nabos en cantidad” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXV. De nabos e xamóns. Cadalso
Arquivo da categoría: Poesía
Arró, de Xabier L. Marqués
Román Arén. Xa dende o ano 2000, no que Xabier L. Marqués (Ribeira, 1959) publicou Polos mares das améndoas, “os recordos rillan na memoria” e agora con Arró (2019) vaise á procura desa nasa memorial na que se engaiola a infancia, nese arró, esa faixa de terra para conter os ríos? (mentres o arro é o corazón das árbores), que é a un tempo fértil e erma, unha cicatriz, unha ferida cosida pero que proe, na que se pretende atopar a nenez intemporal e abafante, sensorial, a era da linguaxe, da creación do mundo, pois é a palabra, as palabras, quen crea ao nomear as cousas, non os actos. Seguir lendo Arró, de Xabier L. Marqués
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIV. Unha sombra recuperada: Luciano de San-Saor
Román Arén. Durante anos foi só unha sombra na historia do Ultraísmo, en realidade chamábase Lucía Sánchez Saornil, nacida en 1895 de oficio telefonista. Comezou como modernista, publicou en <Los Quijotes>, <Cervantes>, anunciou un libro, nonnato, Estuario e marchou a Valencia. Militante da CNT, feminista, periodista, fundou <Mujeres Libres> e dirixiu na guerra <Umbral>. Amiga do pintor galego Fernández Mazas, pero tamén do falanxista Eugenio Montes. Tras a guerra marchou ao exilio e en 1975 comezou a ser recuperada grazas a Mary Nash e hoxe está xa compilada a súa poesía. Colaboradora de <Cosmópolis>, <Martín Fierro>, <Plural>, <La Gaceta Literaria>, <Tableros>, <Ultra> de Madrid e <Gran Guiñol>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIV. Unha sombra recuperada: Luciano de San-Saor
Noia, berce de académicas
Pilar Sampedro. Noia foi sempre berce de artistas. Por iso podemos falar da Noia literaria e a Noia das Artes que levitan por outra realidade. Igual que Castroforte del Baralla desaparecía de vez en cando, esta outra Noia aparece de cando en vez. Seguir lendo Noia, berce de académicas