Arquivo da categoría: Poesía

Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira

O Escritor. ImaxePastor Rodríguez. Unha das xeracións máis destacadas, canto a escritores, é a dos nados en Barbanza entre 1930 e 1940, é dicir, a que na literatura galega correspondería coa Xeración das Festas Minervais, que tamén se coñece como Xeración dos 50, á que pertencen Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), Manuel Caamaño Suárez (1936), Xesús Santos Suárez (1936) ou Xosé Ramón Barreiro Fernández (1936), todos eles con importantes contribucións á literatura galega. Seguir lendo Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi

122. Fco. Vighi, Nuevos versos viejos. Bibl. ASRRomán Arén. O acercamento de Valle-Inclán ás vangardas con La pipa de Kif (1919), e máis concretamente ao Ultraísmo con “Estética de la mujer de color”, provocou as ironías de Risco e outros intelectuais coetáneos. Entre estes estaba Francisco Vighi (1890-1962), enxeñeiro industrial e poeta, que ás veces asinaba “Benito Baranda”. Comezou como poeta postmodernista, pasando logo ao ultraísmo, movemento no que salientou pola calidade e humor. Fixo hai-kais e caligramas e só recolleu a súa obra en 1959, Versos viejos. Republicano, estivo uns meses no cárcere e uns anos depurado como profesor, foi moi amigo de Ortega y Gasset, Unamuno, Gómez de la Serna e Valle-Inclán e foi Eugenio Montes quen fixo a súa necrolóxica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi

Culto barbantiño

ruta-barbantinho3-300x278Xosé Manuel Lobato. Admirando foresta e beixando ao sombrizo pedreiro da contorna de Amoeiro, cantaruxa baixiño o Barbantiño.

Orgulloso se amosa este río, no nacente de escaso caudal, mais o seu é un paseo triunfal con marcos ou testemuñas senlleiras delimitando con precisión.

Fervenza ou tamén Cachón, máis coñecido pola segunda denominación Seguir lendo Culto barbantiño

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias

9788484720300Román Arén. Da importancia do galego Eugenio Montes dan clara idea non só os seus textos nas revistas ultraístas, senón tamén o número significativo de poetas deste movemento que lle dedicaron poemas: Ciria y Escalante, Ernesto López Parra, Lucía Sánchez-Saornil, Joaquín de la Escosura, Pedro Garfias, Guillermo de Torre, Gerardo Diego, e xa superado o Ultra, Lorca dedicoulle unha das seccións do Poema del cante jondo (1931); mereceu tamén poemas de Emilio Mosteiro, colaborou con Borges no poema automático que enviaron a Tzara, foi amigo de Dalí e Buñuel, logo viría o falanxismo e o academicismo retórico de postguerra. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias