Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira

O Escritor. ImaxePastor Rodríguez. Unha das xeracións máis destacadas, canto a escritores, é a dos nados en Barbanza entre 1930 e 1940, é dicir, a que na literatura galega correspondería coa Xeración das Festas Minervais, que tamén se coñece como Xeración dos 50, á que pertencen Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), Manuel Caamaño Suárez (1936), Xesús Santos Suárez (1936) ou Xosé Ramón Barreiro Fernández (1936), todos eles con importantes contribucións á literatura galega. Pero houbo, nesta promoción, outros autores establecidos no sistema literario do castelán e ese é o caso do poeta Manuel Betanzos Santos, nado en Palmeira en 1933, que foi durante un tempo profesor universitario no Canadá. Nese país dirixiu a revista Boreal. Poesía española en el Canadá. Froito dese labor é a Antología de la poesía actual canadiense inglesa, editada en 1978. Como poeta comezou publicando en 1964 Árbol amante en Madrid e en 1996 editou Se hizo dura la faz de la tierra (Barcelona, El Bardo) e logo virían os poemarios Tala. Poema de la guerra indiferente (Bilbao, 1967), Canción del niño en la ventana (Nova York, 1969) e, xa na década dos setenta Canción del viento (Barcelona, Rondas, 1974) e en 1980 Poemas del pájaro (Barcelona). Aínda se pode citar outro libro de poemas, o titulado Diario de una noche de tren y ruedas. Membro da xeración da posguerra na que son moi coñecidos nomes como Francisca Aguirre (1930), Justo Alejo (1936), Francisco Brines (1932), Eladio Cabañero (1930) ou María Victoria Atencia (1931), non é o único galego que cultiva o castelán nesta promoción, pois ao seu carón figuran Javier Alfaya (1939), Manuel Álvarez Torneiro (1932), Alicia Cid (1934) ou María Elena Hermida (1937). Manuel Betanzos Santos faleceu en Montreal en 1995.

Un comentario en “Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira

  1. Buenos días, querido Pastor:
    Me has sorprendido nuevamente con otro palmeirán poeta del que desconocía su existencia y por tanto sus dotes literarias. Y digo “nuevamente” porque en otro de tus artículos también nombrabas al filósofo maestro de teólogos, Ricardo Sanlés Martínez, natural también de nuestro querido pueblo. Continúa investigando por favor, a ver si llegamos a alcanzar a los rianxeiros y así poder codearnos de tú a tú con Losada. ¡ Ay ! donde me he metido; espero que no me diga que este comentario es hijo del resentimiento : porque, sí, lo es.
    Besiños desde mi Palmeira, que ahora también es la tuya.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *