Frases con sorpresa

51OSHHFQhwL._SX331_BO1,204,203,200_X. Ricardo Losada. Sempre me preguntei por que hai frases que lle gustan a todo o mundo. É un exercicio moi instrutivo. Coller unha frase como “Oh, si, aprendín dos meus erros, e por iso estou preparado para repetilos exactamente”, e comprobar como case todos os lectores reaccionan da mesma forma. Sorpresa, iluminación, revelación, entusiasmo. Sorpresa porque rompe co tópico: o normal é pensar que aprendemos dos erros para non volver cometelos. Iluminación porque en canto superamos o paradoxo inicial, acéndese unha luz de aceptación na nosa cabeza. Revelación porque de súpeto descubrimos unha verdade que non queriamos ou non sabiamos enunciar: encántanos cometer os mesmos erros infinitas veces, sobre todo porque a sociedade na que vivimos chámalle erro ao que nos produce máis pracer e porque hai algo cruel en nós que nos impulsa a machucar as esperanzas (quen son eles para querer dirixir as nosas vidas) que os demais poñen en nós. Entusiasmo porque dalgún xeito sentímonos xustificados no máis profundo: non é que sexamos torpes nin pouco intelixentes, é que somos humanos e os humanos somos así.

     Unha das vantaxes que ten a filosofía é que che permite vivir en incontables ocasións esa experiencia. Acabo de ler a novela da filósofa Iris Murdoch O príncipe negro e, aínda que creo que lle sobran dúas centas páxinas, desfrutei moito coas innumerables frases dese tipo que aparecen no texto. Todo canto ten valor é secreto. Ou: Non teño relixión, agás a miña propia tarefa de existir. Ou: Nunha explicación complexa toda orde pode parecer arbitraria. Ou: É unha bendición que poidamos esquecer a maioría dos nosos coñecidos cando non están presentes. Ou: Acollemos as catástrofes dos nosos amigos cun pracer que realmente non exclúe a amizade. Ou: O de censurar certas cousas está moi ben. Pero non debes censurar as persoas. Iso íllate. Ou: A curiosidade é unha forma de caridade.

 principe    Podía seguir e seguir, pero limitareime a facer unha pequena reflexión sobre unha frase que me chamou moito a atención porque me recordou que dúas horas antes nunha conversa algúns amigos escandalizáronse porque dixen,  medio en chanza, medio en serio, que estaba seguro de que tanto as mulleres coma os homes falamos mal das parellas (xa con outras persoas, xa con nós mesmos) ás súas costas. A frase de Murdoch dicía: “Toda persoa casada é un Jekyll e un Hyde, por forza ten que selo”. Provocoume sorpresa porque eu só pensara no criminal Hyde. Iluminación porque axiña aceptei que realmente é así: os casados sempre nos movemos na bipolaridade, honrados doutores e criminais asasinos. Revelación porque comprendín que, se era así, e agora cría que o era, aínda debía querer máis á muller, xa que a limitación da liberdade que implica o matrimonio, e a inevitable caída da paixón inicial, tiña unha cara oculta positiva. Entusiasmo porque, a pesar dos pesares, a muller fose capaz de que o seu doutor Jekyll controlase o criminal Hyde, cando menos, estando eu presente. E máis entusiasmo aínda, e iso era o que lle quería transmitir a aqueles amigos, porque ela sacara a pasear o criminal Hyde cando eu non estaba presente. Había así moitas menos posibilidades de que o sacase comigo.

7 comentarios en “Frases con sorpresa

  1. Hai uns días truxo a miña filla unha morea de libros para que os regale ou faga con eles o que me pete, menos deixalos na casa que, segundo ela, xa non teño onde meter máis. A maioría son contos do meu neto que se vai facendo grande. E como é un lector empedernido, aínda que non se reflexe nas súas notas de lingua, e a nai di que non ten sitio na casa; tráemos (non sei si lle sobra a tilde) a min. O caso é que están noviños do trinque e penso regalar alguns e outros darllos a un home que vive da venda do que lle levan.
    Entre pitos e flautas xa levo lidos uns cantos, porque gustame conocer a mercancía que regalo. Dous non me convencen moito para rapaces: “El diablo embotellado”, de Stevenson e “Boris Godunov”, baseada na obra de Puskin mesturada ca ópera de Mussorgky. Ahora estou acabando “El Mago de Oz”.
    Claro que o teu punto de vista é dó máis acertado. Ocurre que naquel tempo pouco puden experimentar, con cinco fillos que lle levaba catro anos e medio a máis grande ó máis pequeño.
    Boas noites e moitas grazas por meterme na trinca.

    1. Miña nai tamén tivo cinco fillos, con nove anos de diferenza
      entre o maior e o menor. A veces pregúntome se lle gustaría
      que a súa vida fose distinta e, por puro egoísmo, contéstome
      que non.
      Máis apertas

  2. Prezada Carmen:

    Xa sei que a miña interpretación dos erros pode soar un pouco disparatada. Pero estou convencido de que é así, aínda que non, por suposto, en todos os casos. E de que iso sucede na maioría dos matrimonios, tamén. Non é nin bo nin malo, simplemente somos así. Esa expresión tan usada de “Téñocho dito mil veces e nunca me fas caso” resume á perfección o meu punto de vista. Máis aínda se temos en conta que, cantos máis anos de relación, máis a usamos.
    Os profesores estamos habituados a que nos aborden pola rúa alumnos que non recoñecemos. Tes toda a razón. É moi incómodo.
    Eu tamén prefiro na actualidade as obras curtas (máximo 300 páxinas) e, a ser posible, que me dean unha perspectiva nova sobre algún aspecto do mundo. A obra de Murdoch é extraordinaria, pero excesivamente verborreica. Aínda así, pagou a pena lela. Ten ducias de tesouros reflexivos e non quería perderme ningún.
    Eu non creo que se poida querer unha idea nin un home ou unha muller ideal. Idealizar non é querer a persoa ou o país que idealizamos. É querer o que nós queremos, é dicir, a nós mesmos. (Perdón se me puxen verborreico).
    Xa que falamos de idealizar, quedémonos con que os tres somos soberbios.

    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor:
    Por mucho que se insista en afirmar que se aprende de los errores, la cuestión es que aprendemos muy poco; puesto que el ser humano tropieza, no dos, sino infinitas veces en la misma piedra. Sin embargo, desde la perspectiva que tú lo ves…
    Opino que es mucho peor cuando olvidas -no reconoces- a los conocidos estando presentes. A mí me ocurre con frecuencia y puedo asegurarte que no hay mayor desventura que la de un mal fisonomista.
    Si a ti te sobran doscientas páginas del libro que comentas, no se me ocurriría leerlo a pesar de los elogios que le dedicas: siempre que hago un alto en la lectura, tengo que retroceder para recuperar el hilo de lo leído. Por tal razón, prefiero las obras cortas. Hace tiempo subrayaba y cogía apuntes. En la actualidad me limito a leer con marcha atrás, aunque la memoria me juegue malas pasadas.
    En cuanto al paralelismo del matrimonio con el tándem Jekill-Hyde, no sé qué responder: después de 45 años viuda, y dado que se tiende a idealizar a los muertos, mi cónyuge ocupa el lugar del doctor Hekill.
    Entre tú y Magdalena me habéis dejado sin palabras. ¡Soberbios, los dos! Lo mío es escribir por escribir…
    Felices sonos.

  4. No te incomodes con los que consideren una pedantería coleccionar frases.
    “Perdona siempre a tus enemigos, no hay cosa que más les fastidie”
    Besiños palmeiráns. Moi bos días.

  5. Benquerida Magdalena:

    Comparto esa paixón túa polas frases. É o único que me apetece coleccionar. Nin un cadro nin unha escultura nin unha película me deparan momentos tan plenos. Que lle vou facer. Gústanme tanto que ás veces, como diversión, leo un dos ensaios de Montaigne como se fose un dos ensaios de Café Barbantia, e póñolle por escrito comentarios modificando frases de autores que me gustan. (Outros tíranlles pedras aos avións ou comparten palíndromos con moito humor e sabedoría). Algúns considérano unha pedantería pero, como dicía o outro, “o que me molesta dos burgueses é que desprezan todo o que ignoran”. Outra frase xenial!!!
    Os meus alumnos de Psicoloxía extráñanse cando lles digo que todos vivimos nun profundo e permanente conflito, con nós mesmos e cos demais, mesmo cando estamos tranquila e civilizadamente en clase. Pero non tardan en comprender que a saúde mental non consiste en superar os conflitos, senón en saber manexalos. Así somos os casados. Amamos con todo o noso odio. Odiamos con todo o noso amor.

    Un pracer coma sempre.

    Apertas

  6. Siempre me han gustado las frases, fíjate si me gustan, que las colecciono. ¿ Las recopilo para llevarlas a la práctica ? Rotundamente no. Porque hay frases que en lugar de calmar con su lógica irritan más todavía. ¿Entonces ? ¡ Las considero un arte ! ¿ No te parece ingeniosa esta del señor Woody Allen cuando le preguntaron si el sexo era sucio ? respondió : “Si se hace bien, sí”. O esta de Oscar Wilde: ” Logro resistirlo todo, excepto la tentación”.
    Murdoch, estaba en lo cierto cuando recitó o escribió esa frase que mencionas. Yo también creo que todo ser humano por muy refinado que sea, tras su doctor Jeckill tiene siempre algo de Mr. Hyde.
    Y ese enamoramiento del “vivir sin vivir en mí” de los recién casados que con el
    tiempo se convierte en esa desarmonía educada en la que a veces no coinciden pero que se soportan, cuentan que así es, lo refiero sin más constancia documental que los rumores y cotilleos. Ya sabes aquello de : “Querida Betty: Te odio. Con todo mi amor , George”.
    Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *