Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi

122. Fco. Vighi, Nuevos versos viejos. Bibl. ASRRomán Arén. O acercamento de Valle-Inclán ás vangardas con La pipa de Kif (1919), e máis concretamente ao Ultraísmo con “Estética de la mujer de color”, provocou as ironías de Risco e outros intelectuais coetáneos. Entre estes estaba Francisco Vighi (1890-1962), enxeñeiro industrial e poeta, que ás veces asinaba “Benito Baranda”. Comezou como poeta postmodernista, pasando logo ao ultraísmo, movemento no que salientou pola calidade e humor. Fixo hai-kais e caligramas e só recolleu a súa obra en 1959, Versos viejos. Republicano, estivo uns meses no cárcere e uns anos depurado como profesor, foi moi amigo de Ortega y Gasset, Unamuno, Gómez de la Serna e Valle-Inclán e foi Eugenio Montes quen fixo a súa necrolóxica. En 1984 apareceron os Nuevos poemas e en 1995 Trapiello compilou a poesía completa en Nuevos versos viejos. Jesús Castañón e Casilda Ordóñez estudaron a súa figura. Non moi presente nas antoloxías, si o está nas de Federico de Onís (1934), Fuentes Florido (1989) e Arturo Ramoneda (1995). Colaborara nas revistas galegas <Alfar> e <Ronsel>. O poema máis apreciado pola crítica é “Tertulia”, publicado en <Grecia> en setembro de 1920, no que aparece Alcaide de Zafra, Llovet, León Felipe, Lasso de la Vega, Guillermo de Torre e Valle-Inclán na derradeira estrofa:

solana Lan tertuli del acfé pomboDiscusión sin fin/sobre si es ultraísta Valle-Inclán/que si patatín/que si patatán./En el mostrador suena un timbre trin./trin… trin… triiiín…/unos pocos pagan y todos se van./…Silencio, sombra, cucarachas bajo el diván.

A tertulia do título é a de Pombo, aque fundou a carón de Gómez de la Serna, que inclúe nos seus Retratos contemporáneos. Tamén Sainz de Robles reivindicou a a súa poesía e González Ruano lembrouno nas súas Memorias.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi

  1. Boas noites, Román:
    Vallle-Inclán, grande entre los grandes, con, o sin la ironía de Risco o Vighi.
    Con la voz bien entonada, don Ramón les diría con elegante displicencia: “Cuando se pasa de lo espiritual a lo espirituoso… ni patatín, ni patatán, ni trin, trin, trin, ni tran tran, tran. Seguro que eso diría VALLE-INCLÁN.
    Cariñosos saludos, apreciado Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *