Fidel Vidal. Da lenda “Deus é Amor” o que menos lle importa a Deus é o amor; seica está máis interesado na súa demostración. Porque non abonda con amalo, antes hai que pasar polo aro dos sacrificios para confirmalo. E dicirllo, dicirllo constan-temente, día tras día, hora tras hora, mediante cerimonias e oracións. O suposto achegamento a través da palabra, rezo tras rezo, e da palabra feita carne. Velaquí o corpo erótico. Eros é amor. Amor corporal se pretende ser espiritual. O erotismo sagrado da experiencia mística ansía unicamente que nada perturbe o suxeito. Seguir lendo Melopea de esposos e amantes
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIII. Outro fabulista: Iriarte
Román Arén. Tomas de Iriarte (1750-1791) foi un fabulista máis orixinal que Samaniego e moi famoso polas súas Fábulas literarias (1782), aínda que foi tamén un autor máis prolífico que o seu competidor, pois cultivou con acerto a sátira (Los literatos en Cuaresma, 1773 e Donde las dan las toman, 1778), tradutor (El arte poética de Horacio e Epístola a los Pisones, 1777), poeta serio (La música, 1779) e dramaturgo (La escocesa, 1769; El filósofo casado, 1787; Hacer que hacemos, 1770 ou El huérfano de China, 1787) e mesmo se pode considerar narrador pola tradución libro El nuevo Robinson, de 1789. Unha das súas fábulas foi traducida ao galego por Francisco Mirás en 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIII. Outro fabulista: Iriarte
Cincuenta anos da morte de María Mariño

Xerardo AgraFoxo. María Mariño naceu o 8 de xuño de 1907 nunha humilde casa da rúa Cega de Noia. Era filla do zapateiro Xosé Mariño Pais, coñecido na vila como O Fiscal, e a costureira Filomena Carou Lado, veciña do arrabalde d´O Couto. Os vinte primeiros anos da súa vida transcorreron no recinto histórico noiés. Seguir lendo Cincuenta anos da morte de María Mariño
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego
Román Arén. Poucos serán os que non oíron falar das Fábulas en verso castellano (1781 e 1784) de Félix María Samaniego Zabala (1745-1801), en realidade adaptacións libres de Fedro e Esopo. É, co de iriarte, un dos poucos libros populares do Neoclasicismo español, e a fonte do auxe da fábula na poesía castelá do século XIX, na que destacaron Campoamor, Cristóbal Beña, Hartzenbusch, Felipe Jacinto Sala, Campos Carreras e algúns galegos como o Barón de Andilla e Concepción Arenal. Na literatura galega tivemos un fabulista notable, Amador Montenegro, e o xénero está presente entre nós dende 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego