Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá. LX. Gustavo Martín Garzo

Martin A. La ReginaRomán Arén. Gustavo Martín Garzo (Valladolid, 1948) fíxose ben coñecido en 1993 cando gañou o Premio Nacional de Narrativa con El lenguaje de las fuentes, aínda que xa publicara antes outras novelas como Luz no usada (1985), Una tienda junto al agua (1991) e El amigo de las mujeres (1992). Logo virían outros volumes narrativos, entre os que destacan La princesa manca (1995) ou Las historias de Marta e Fernando, Premio Nadal en 1999. É a súa unha narrativa lírica, de fermoso estilo, tendente ao fantástico e o mítico, aínda que algúns críticos censuran o exceso de emotividade dalgunhas pasaxes. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LX. Gustavo Martín Garzo →

Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda

feridoX. Ricardo Losada. En 1876 Valentín Lamas Carvajal escribiu que o Pico Sacro era un monte xigante que erguía a cabeza ata os ceos  “ond´a alfombra de Dios estás sostendo”. Tamén consideraba que era o “eterno gardador, vixia forte d´a nosa terra”. En xuño de 2016 Ramón Vilar Landeira escribiu que os sábados e os domingos gustáballe facer o amor á sombra do Pico Sacro mentres Van Morrison cantaba Brown eyed girl na radiocasete do coche. Son dous dos textos que aparecen no libro Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda que a editorial Alvarellos acaba de publicar con gran esmero e coidado. Seguir lendo Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda →

Reflexión formal sobre o acto poético

baldoX. Santamaría. Nova escolma do movemento Sentimentalismo, fundado por Xesús Manuel Valcárcel, que se autodefine como de «carácter elitista e exclusivo», que pretende unha poesía de «elevación conceptual e profundidade de pensamento». Ademais do fundador, outros seis poetas: Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos e Eva Veiga. O espazo só me permite analizar a achega de Xabier L. Marqués. Seguir lendo Reflexión formal sobre o acto poético →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LIX. Juan Carlos Marset

marset2Román Arén. Entre os poetas casteláns nacidos na década dos sesenta, salienta o nome de Juan Carlos Marset (Albacete, 1963), de obra non moi extensa pero si de gran calidade, gañador do Premio Adonais en 1989 con Puer profeta (1990), e que en 1999 editou Leyenda napolitana e xa en 2013 Laberinto. Foi, ademais, amigo e biógrafo de María Zambrano, o que o levou a gañar o premio Antonio Domínguez Ortiz en 2004. Profesor de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Sevilla, dirixe a revista cultural <Sibila>. Antonio Gamoneda destacou na poesía de Marset o poder da súa rítimica, a forza da súa respiración poética. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LIX. Juan Carlos Marset →