Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIII. Concha Zardoya e Compostela

concha_zardoya1[1]Román Arén. Concha Zardoya, aínda que española, naceu en Valparaíso, chile, en 1914; pertence, pois, á xeración de 1936, a de Blas de Otero e Gabriel Celaya. Establecida coa familia na Península en 1932, foi doutora en Filoloxía Moderna en Illinois e ensinou literatura española nos Estados Unidos dende 1948 a 1977, pois comprometida coa República, preferiu vivir no exilio. O seu primeiro poemario, Pájaros del Nuevo Mundo foi editado en 1946, e a derradeira das súas obras poética saíu do prelo en 2003: Abrevedores míos. Entre ambos os dous apareceron outros vinte poemarios coa súa sinatura. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIII. Concha Zardoya e Compostela →

O arcebispo poeta

santiagoPastor Rodríguez. Santiago Agrelo Martínez, nacido en Asados, Rianxo, en 1942, ingresa en 1953 no convento franciscano de Herbón, para estudar logo Filosofía en Ponteareas e Teoloxía en Salamanca. Especialista en Liturxia, ensinou esa materia en Roma e no Instituto Teolóxico de Compostela, pero exerceu tamén como párroco en moitas parroquias do Bierzo. No ano 2007 foi nomeado arcebispo de Tánxer e a súa intención foi estar próximo da xente e servir de ponte co mundo musulmán. Home comprometido, ademais de participar na edición en galego do Diurnal e do Leccionario, e de publicar obras teolóxicas e artigos da súa especialidade en revistas como Liceo Seguir lendo O arcebispo poeta →

Tradución, alento e maxia das palabras

arteFidel Vidal. Traducir é pasar dunha lingua a outra determinados textos. Traducir, transducere, conducir, é un xeito de traslado máis que de cambio, un paseo, un paseo por unha ou por dúas ou máis linguas. Walter Benjamin afirma que a tradución favorece o salto por riba da lingua propia, pero ese acto implica unha incomprensión e unha fronteira infranqueable no nivel musical da lingua, incluso sen falar de poesía. A Poética, a diferenza da Lingüística e da Filosofía, esixe o seu propio ser, o “de seu” que diría Zubiri. E se ao ser nos remitimos, ante calquera estrofa ou verso, ante calquera palabra, entramos “na imposibilidade da tradución considerada como correspondencia, calco, equivalencia, translación, empatía, etcétera, segundo o costume normal dos tratados teóricos e prácticos. Seguir lendo Tradución, alento e maxia das palabras →

A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (III)

agambenGonzalo Trasbach. Como é sabido, o Limbo é o reino reservado aos nenos sen bautizar. É un espazo destinado para unha pena privativa, non de aflición: a perpetúa carencia da presenza de Deus. Os habitantes do Limbo non sofren, non experimentan dor por esta privación (a carencia é o meu sino, di nun verso do poema En la oficina). Neste senso, Agamben explica en La comunidad que viene (Pre-textos): <A pena máis grande –carencia da visión divina- envórcase na alegría natural: definitivamente perdidos, habitan sen dor no abandono divino>. E máis tarde engade: <Nin benaventurados coma os elixidos, nin desesperados coma os condenados, están cheos dunha alegría para sempre sen destinación>. Seguir lendo A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (III) →