Fidel Vidal. Calquera expresión referida ao paso do tempo non ten sentido. Porque o tempo non pasa, é inmutable. Quen pasamos somos nós. Es ti quen pasa a través do tempo. Porque este permanece, sempre está aí, mais transformado nun suposto teórico que os homes inventaron e que necesitan para facer cálculos e contas. Tempo, dicían os estoicos, é o movemento do sol, a medición do seu percorrido. O que se mantén en todo tempo, noutro tempo e no actual, sen ser destruído, dise que é eterno. Mais non existe nada igual e indestrutible que o tempo en si: eternidade e tempo son o mesmo. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (I)
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz
Román Arén. Cando se fala da xa lendaria revista cubana <Orígenes> (1944-1956) sempre se cita o nome do gran Lezama Lima e con el a José Rodríguez Feo, Eliseo Diego, Alfredo Lozano, Cintio Vitier e Ángel Gaztelu; pero ás veces non se cita a Fina García Marruz, poeta fundamental neste grupo, case a única muller na revista, se exceptuamos a pintora Amelia Peláez e a chilena Gabriela Mistral. Fina García Marruz, nacida na Habana en 1923, especialista en Martí, publicou o seu primeiro poemario, Poemas, en 1942, Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz
Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)
Gonzalo Trasbach. Marzo de 1997. Sentado na mesa comunitaria da súa casa, aló en Kitkitdizze, recibiu a terrible noticia do cancro de Allen Ginsberg. Relatan os que o visitan que, pese a que os anos o afogan un pouco, conserva o paso firme e mantén unha aura benigna, coma o clima da terra que habita e á que se sente atado. Foron os poetas que sobreviviron ao renacemento de San Francisco a finais dos 50 e principios dos 60 os que inventaron unha marca de éxito. Identificóuselles filosofías e estilos de vida moi atractivos para os medios de comunicación e o mundo académico. Gary ficou fóra deses círculos. O discurso da simplicidade (vivir voluntariamente en espazos salvaxes) non era fácil de “vender”. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)
Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)
Gonzalo Trasbach. Trece de agosto de 1956. Navegaban barcos na noite. Facían soar con insistencia as súas sirenas e os homes daban berros sobre as súas cubertas. Buscaban un eco, unha referencia. Avanzaban ás cegas. Un manto de densa néboa agochaba o mar. No porto, as mulleres contestaban, entre prantos, golpeando con paus tarteiras, caldeiros e outros aveños. Nós, asomados ás fiestras das nosas casiñas, chorabamos, chiabamos e chamabamos por nosas nais e pais. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)