Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz

finagarciaRomán Arén. Cando se fala da xa lendaria revista cubana <Orígenes> (1944-1956) sempre se cita o nome do gran Lezama Lima e con el a José Rodríguez Feo, Eliseo Diego, Alfredo Lozano, Cintio Vitier e Ángel Gaztelu; pero ás veces non se cita a Fina García Marruz, poeta fundamental neste grupo, case a única muller na revista, se exceptuamos a pintora Amelia Peláez e a chilena Gabriela Mistral. Fina García Marruz, nacida na Habana en 1923, especialista en Martí, publicou o seu primeiro poemario, Poemas, en 1942, para editar ata 2011 outras nove entregas de poesía, entre as que destacan Las miradas perdidas (1951), Visitaciones (1970), Créditos de Charlot (1990) ou El instante raro (2010).

Gañadora do Premio Pablo Neruda de Poesía Hsipanoamericana en 2007, o Reina Sofía en 2011 e o Premio Internacional de Poesía García Lorca, sentiu grande admiración por Rosalía, á que dedicou un soneto en Las miradas perdidas:

Todo lo que la lluvia se ha llevado,/todo lo que las ropas más antiguas/dicen de melancólicos cuidados,/de costureras músicas ambiguas.//Todo lo que el otoño ha reunido,/pulsando el arpa de su desamparo,/el miño alto y el jazmín caído/en su traición, su Bécquer, su costado.//Todo lo que es adiós sobre la tierra/-amor, diminutivo oscuro de la muerte-,/levantará su tumba por lo triste.//Que yo no sé de nadie en quien la entera/vida haya sido más carnal de muerte./De tierra y sólo tierra te moriste.

O soneto parte dun fragmento de Rosalía:

E ben!… xa qu’aquí m’atopo/aire, luz, terra nin sol/para min n’habrá unha tomba?/Para min, non.

O soneto pode lerse tamén en Poesía soy yo. Poetas en español del siglo XX (1886-1960) (Madrid, Visor, 2016), antoloxía de poesía feminina editada por Raquel Lanseros e Ana Merino.

Únese así o nome de Fina García Marruz ao doutros poetas cubanos engaiolados por Rosalía: Mendive, Augier, Nancy Morejón.

Os cadernos do avó Mauro

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz

  1. Magdalena di:

    ” La poesía siempre fue tenida por cosa divina, porque eleva y excita el alma convirtiendo la apariencia de las cosas en deseos del alma “. Francis Bacon

    ¡ Oh, musas, musas! ¿ Quién os hizo nueve, si más de nueve mil son los poetas?
    Lope de Vega.

    Saludos palmeiráns Román

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>