Xerardo AgraFoxo. Hai uns días lin neste CaféBarbantia un traballo de Gonzalo Trasbach titulado: Anna Ajmátova: fe cega na poesía. Agora caeu nas miñas mans O expedente Zhivago. Este libro comeza o 20 de maio de 1956, cando D´Angelo, un comunista que traballaba en Radio Moscova, se entrevista con Boris Pasternak preto da capital rusa. A súa misión era quitar da Unión Soviética o manuscrito de O doutor Zhivago. Despois coñecemos como manobrou a CIA para espallar a obra polo mundo. Pero o que a min máis me abraiou foron as reaccións que xurdiron entre os colegas do escritor cando souberon que o libro se convertera nunha obra de éxito en Europa ou cando Pasternak gañou o Premio Nobel de Literatura en 1958. Seguir lendo O expediente Zhivago, de Peter Finn e Petra Couvée
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIX. Juana de Ibarbourou
Román Arén. Se houbo unha poeta popular en toda América, a carón de Gabriela Mistral, foi Juana de Ibarbourou, “Juana de América”, aínda que hoxe comece a estar ausente das antoloxías de poesía hispanoamericana. Nacida en 1895 de pai galego, chamábase Juana Fernández Moareles, pero adquiriu o Ibarbourou por matrimonio cun militar uruguaio. Sen pai, ao emigrar, levou consigo os versos de Rosalía, que transmitiu á súa filla, como lembrou en 1963 en <La Noche> Dionisio Gamallo Fierros. Sempre tivo desexo de visitar Galicia, segundo llo manifestou a Fernández del Riego na súa correspondencia, pero nunca o fixo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIX. Juana de Ibarbourou
Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)
Miguel Mariño. E en galego, na nosa poesía, cando aparece o jazz? Non estou seguro, pero hai un pequeno monllo de textos anteriores a 1936, no que o primeiro foi Xulio Sigüenza en 1928 no poemario Cantigas e verbas do ar, onde aparece “Jazz-band”, que une a música anovadora a temas tradicionais galegos: “O mar estrena ista noite/o seu jaz-band, que é noviño,/e pra escoitalo galopa/sobor dos ermos do río.//Baixo a batuta do vento/ceibando as notas de fol,/a gaita gris dos carballos/rola no céspede mol./E agora que sal a lúa/-outro pandeiro trunfal-/as estrelas i-os loceiros/dan aturuxo final”. Jazz e gaita non son incompatibles, o que tamén se verá en “Bood-by, Galicia” de Uxío Montes en Versos a tres cas o neto (1930). Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)
Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)
Miguel Mariño. Teño nas mans a magnífica antoloxía Fruta extraña. Casi un siglo de poesía española del jazz (Sevilla, 2013), de Juan Ignacio Guijarro, a máis completa e informativa das que circulan en castelán. Ben definida como “española” porque inclúe tamén exemplos de poesía catalá (Espriu, por exemplo) e galega (Manuel Rivas), sempre que atopase versión castelá fiable. Ademais é “española” porque exclúe poetas hispanoamericanos, agás que se nacionalizasen (Neuman, Cristina Peri Rossi). Só lle atopo unha ausencia importante, a da galega Mª do Carme Kruckenberg, autora de Jazz espido. Un e dous (Cangas, Barbantesa, 2011), con trinta e catro poemas en versión bilingüe, castelán-galego, que tivo o antecedente de Jazz espido (Sada, O Castro, 1999). No poemario están os nomes fundamentais do jazz. Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)