Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)

fruta extrañaMiguel Mariño. Teño nas mans a magnífica antoloxía Fruta extraña. Casi un siglo de poesía española del jazz (Sevilla, 2013), de Juan Ignacio Guijarro, a máis completa e informativa das que circulan en castelán. Ben definida como “española” porque inclúe tamén exemplos de poesía catalá (Espriu, por exemplo) e galega (Manuel Rivas), sempre que atopase versión castelá fiable. Ademais é “española” porque exclúe poetas hispanoamericanos, agás que se nacionalizasen (Neuman, Cristina Peri Rossi). Só lle atopo unha ausencia importante, a da galega Mª do Carme Kruckenberg, autora de Jazz espido. Un e dous (Cangas, Barbantesa, 2011), con trinta e catro poemas en versión bilingüe, castelán-galego, que tivo o antecedente de Jazz espido (Sada, O Castro, 1999). No poemario están os nomes fundamentais do jazz.

O jazz, música de orixe negra que nace en Nova Orleáns a comezos do século XX e que se converterá nunha música universal a partir de 1917 (máis ou menos cando o samba se asenta en Brasil como música urbana), pasando a ser a música da vangarda, a música da “inmensa minoría”. Unha música que non só está presente tematicamente na poesía, senón tamén formalmente, porque ese novo ritmo buscado na improvisación e na variación axudará a liberar a poesía de corsés formais. É difícil definir o jazz, que fai fusión do ragtime, do gospel, dos espirituais, do blues e das cancións de traballo. pero fronte ao blues rural, o jazz é urbano. Outro sinal de modernidade. O primeiro disco de jazz é de 1917, a primeira película sonora foi O cantor de jazz (1927), e logo irá evoluíndo ata hoxe mesmo. 19° International Jazz Festival of Punta del Este |O jazz chega a Europa coa primeira Guerra Mundial, cando músico militares afroamericanos o interpretaron en Francia, dende esa época a segunda patria do jazz. En 1918 aparece por primeira vez o termo “jazz” na prensa española, en <Mundo gráfico>, e a primeira actuación dunha orquestra de jazz foi en Madrid en 1919. Esta antoloxía demostra que madrugaron moito os galegos para incorporar o jazz á poesía ultraísta (en castelán), pois Xavier Bóveda (1898-1963), de Gomesende, publica o 15 de abril de 1919 en <Grecia> o poema “Un automóvil pasa”, no que una velocidade, jazz e cidade, aínda que o termo empregado sexa “fox-trot”, tan da época. En 1920 e na mesma revista publica Vicente Risco “Bambalinas”, poema con cabarets, champagne, astros e fox-trot. Logo virán, tamén en castelán os galegos Ramón Goy de Silva en 1927, e xa contemporáneos como Pimentel, Valente e Miguel D’Ors. Sen esquecer a alusión de Cabanillas en 1920.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>