Román Arén. Ten xa o noiés Martín Veiga (1970) unha traxectoria consolidada como poeta, gañador de importantes premios (Espiral Maior, Esquío, Fiz Vergara Vilariño), que confirma agora con este Diario de Crosses Green, no que en lírico nos fala dende o aforismo poético ao que une a poesía, nunha mestura equilibrada de experiencia vital e cultura, unha ponte entre a cultura irlandesa e a cultura galega, onde os termos chave son a auga e o tempo, o fluír da vida, pois que confire ao poemario un ton elexíaco. Xa dende a súa primeira obra, Tempo van de porcelana (1990), é esencial na súa poética unha nostalxia e unha conciencia do temporal que lle dan á súa obra unha gran unidade. Seguir lendo Diario de Crosses Green, de Martín Veiga
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XXXVIII. Manuel de la Fuente
Román Arén. Aos lectores habituais do <Faro de Vigo> o nome de Manuel de la Fuente vai asociado ás crónicas, sempre cheas de interese, que levan a súa sinatura. Pero Manuel de la Fuente é tamén poeta, autor de Íntimo latido, poemario editado en Vigo en 1960. O autor é leonés, nacido en 1932, pero reside en Galicia. Nese poemario hai un poema titulado “Escribo con lágrimas”, dedicado a Rosalía de Castro, escrito para a radio en 1956: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXVIII. Manuel de la Fuente
Fútbol e poesía para a Eurocopa
Miguel Mariño. Estamos xa en Eurocopa, eu diría que aínda sen moito ánimo. O home xogou dende sempre e xa sabemos que a poesía grega celebrou os seus atletas, pero ata o século XX a presenza do deporte na poesía foi escasa, porque quizais se consideraba unha actividade “pouco poética”. Algo máis aparece o deporte na prosa, pero serán as primeiras décadas do século XX e as vangardas o momento de explosión do deporte na literatura. Se eu tivese que elixir catro termos para amosar a entrada da modernidade na poesía, elixiría estes: jazz, cine, aeroplano e deporte. Na poesía española e catalá a eclosión do fútbol nos textos é dos anos vinte e trinta e hai xa varias antoloxías que recollen os poemas de fútbol. Seguir lendo Fútbol e poesía para a Eurocopa
Whitman / Pessoa
Fidel Vidal. Son moitos os autores para os que, na orixe dos heterónimos de Pessoa, gaña peso un diálogo a tres bandas: entre a alma, o Eu poético e o propio home de carne e óso, tal como acontece no Canto a min mesmo de Walt Whitman. Non foi só un poeta o que Pessoa encontrou en Walt Whitman, senón dous, e ao mesmo tempo unha multiplicidade inmanente deles, até o punto de que a visión de Whitman é a visión mesma da diferenza e da multiplicidade cantadas por si mesmas. O “ser diferente” e o “ser múltiplo” denotan o carácter de todos os existentes, e constitúen por iso a auténtica riqueza do Todo que de nada é formado senón de partes como nunha sinfonía. Seguir lendo Whitman / Pessoa