Diario de Crosses Green, de Martín Veiga

camisa crossesRomán Arén. Ten xa o noiés Martín Veiga (1970) unha traxectoria consolidada como poeta, gañador de importantes premios (Espiral Maior, Esquío, Fiz Vergara Vilariño), que confirma agora con este Diario de Crosses Green, no que en lírico nos fala dende o aforismo poético ao que une a poesía, nunha mestura equilibrada de experiencia vital e cultura, unha ponte entre a cultura irlandesa e a cultura galega, onde os termos chave son a auga e o tempo, o fluír da vida, pois que confire ao poemario un ton elexíaco. Xa dende a súa primeira obra, Tempo van de porcelana (1990), é esencial na súa poética unha nostalxia e unha conciencia do temporal que lle dan á súa obra unha gran unidade. Perfecto equilibrio nun diario vital que consegue conxugar a experiencia vital e o culturalismo, as dúas orelas atlánticas, a prosa poética e o verso, a descrición e a alusión, ese «tránsito da vida que sen pausa recomeza». A vida real que impide o solipsismo, pero non o sentimento nin a reflexión, que «non é literatura: emanación da vida, desembocar da existencia, a poesía», para, tras a vertixe e o fluír, «ficar no amor, alí onde flores ventureiras / abren á luz as ánimas que o entardecer clausura…».

Ed. Kalandraka (Pontevedra, 2016) 105 páxinas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *