Román Arén. Algo esvaecida está hoxe a figura literaria do arxentino Arturo Capdevila (1889-1967), do que se seguen a ler as súas evocacións da historia arxentina da Independencia, moi ben escritas, cun equilibrio entre a literatura e a historia que as fai moi amenas (na colección Austral están editadas), pero tamén bo poeta modernista en Jardines solos (1911), Melpómene (1912), El poema del nenúfar (1915), El libro de la noche (1917), La fiesta del mundo (1922), Córdoba en el recuerdo (1923), Córdoba azul (1940), mais tamén ensaísta (Babel y el castellano, 1928), dramaturgo (La Sulamita, 1916), historiador e filólogo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXVII
Arquivo da categoría: Poesía
O suicidio de Sá-Carneiro
Fidel Vidal. Ambos os dous, Pessoa e Sá-Carneiro, sufriron dentro de si unha división interior. Mário de Sá-Carneiro foi o primeiro en ser consciente desa disociación en termos poéticos. O poema “Dispersão” “assinalava já descida do eu e un labirinto interior, onde se via cindido de si: Perdi-me dentro de min / Porque eu era labirinto… Ou noutra quadra: Eu fui alguém que passou. / Serei, mas jà não sou…”. Seguir lendo O suicidio de Sá-Carneiro
Ophelia, o Bébécinho
Fidel Vidal. A paixón amorosa de Pessoa por Ophelia non comeza ben e acaba educadamente. “Quem ama verdadeiramente não escrebe cartas que parecem requerimentos de advogado”, di nunha das primeiras, e nunha das últimas: “Quanto a min… O amor passou. Mas conservo-lhe uma affeição inalteravel, e não esquecerei –nunca, creia- nem a sua figurinha engraçada e os seus modos de pequenina, nem a sua ternura (…) Pode ser que me engane, e que estas qualidades, que lhe atribúo, fossem uma illusão minha.” (Pessoa, Cartas de amor). “Nunca amamos alguem. Amamos –certifica Bernardo Soares no Livro do desassossego-, tam sòmente a idéia que fazemos de alguem. Seguir lendo Ophelia, o Bébécinho
Galicia e os galegos na poesía castelá XXXVI. Un extravagante: Isaac del Vando-Villar
Román Arén. Natural de Albaida de Aljarafe, Sevilla, onde nacera en 1890, de formación modernista e saúde mental inestable, militou no ultraísmo con fervor. Fundador da revista <Grecia> (1918-1920), que levou de Sevilla a Madrid, onde dirixiu logo <Tableros>. Xornalista, dramaturgo e poeta, foi amigo de Borges e Delaunay, de Adriano del Valle e Barradas, corresponsal de Pessoa, coñeceu tamén a Marinetti. En 1924 publicou o seu único poemario, La sombrilla japonesa, pero foi autor de moi bos caligramas. Dende os anos 30 abandonou a literatura e dedicouse ao comercio de antigüidades. Morre en Sevilla en 1963. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXVI. Un extravagante: Isaac del Vando-Villar