Gonzalo Trasbach. Nestes tempos nos que a poesía nunca figura nun punto da orde do día, nestes tempos nos que asistimos ao desterro dos artigos indefinidos e definidos, nos que o contacto humano cos espíritos afíns desprazouse cara ás conversas telefónicas, aínda hai quen é capaz de levantar viñedos sobre os territorios condenados. Así é a Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, unha aventura marítimo poética que está arribando outra vez a porto para cumprir a súa novena singradura. Baixo o patrocinio do Concello ferrolán e con Marcos Lorenzo, Guillermo Ferrández e Karlotti ao temón, unha numerosa e variada tripulación desembarcará da nave poética para espertar a muda palidez das rúas e sementar sobre as pedras un resplandor de soles futuros de enerxía cegadora. Seguir lendo Ferrol: Semana de Poesía Salvaxe
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIV. Pablo García Baena
Román Arén. Non é o cordobés Pablo García Baena un poeta máis, senón a figura clave do grupo da revista <Cántico>, na que tamén participaron outros poetas destacados como Julio Aumente, Juan Bernier e Ricardo Molina. Nacido en 1923, acadou o Premio Príncipe de Asturias en 1984 e o Premio Luis de Góngora y Argote en 1991. A súa primeira obra foi Rumor oculto (1946) e aínda en 2006 publicou Los Campos Elíseos. Entre as dúas, outros poemarios: Mientras cantan los pájaros (1948), Antiguo muchacho (1957), Óleo (1958), Almoneda (1971), Tres voces del verano (1980) e Fieles guirnaldas fugitivas (1982). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIV. Pablo García Baena
Cansaço
Fidel Vidal. Se ben o propio Pessoa defínese como un histérico, o certo é que sempre foi un obsesivo xenial obstinado en ser un histérico. Que dicir da neurastenia, da histeria, da despersonalización, que tanto lle preocupaban a Pessoa? A neurastenia defínese no discurso médico como un trastorno neurótico que se caracteriza por fatiga, cansaço, irritabilidade, depresión, insomnio, dificultade de concentración e anhedonia (falta de capacidade para o pracer). Seguir lendo Cansaço
A ferocidade poética de Sylvia Plath
Gonzalo Trasbach. Hypoxia, o disco da cantautora Kathryn Williams, levoume ata o curruncho do andel onde durmían os poemas de Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963). Invitada a compor cinco cancións inspiradas na obra da escritora e poeta estadounidense, Williams caeu rendida diante do fonda tristeza que atopou en La campana de cristal, a única novela da norteamericana editada antes da súa morte, que ocorreu o 11 de febreiro de 1963, un ano despois do de Marilyn Monroe, cando contaba 31. Seguir lendo A ferocidade poética de Sylvia Plath