Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIV. Pablo García Baena

Pablo Garcia Baena(1)Román Arén. Non é o cordobés Pablo García Baena un poeta máis, senón a figura clave do grupo da revista <Cántico>, na que tamén participaron outros poetas destacados como Julio Aumente, Juan Bernier e Ricardo Molina. Nacido en 1923, acadou o Premio Príncipe de Asturias en 1984 e o Premio Luis de Góngora y Argote en 1991. A súa primeira obra foi Rumor oculto (1946) e aínda en 2006 publicou Los Campos Elíseos. Entre as dúas, outros poemarios: Mientras cantan los pájaros (1948), Antiguo muchacho (1957), Óleo (1958), Almoneda (1971), Tres voces del verano (1980) e Fieles guirnaldas fugitivas (1982).

A sorpresa está en Gozos de la Navidad de Vicente Núñez (1984) onde aparece un poema en lingua galega, de certo ton trobadoresco, homenaxe a un seu antepasado galego que se establecera en Córdoba en 1694. Iso é lealdade, non cabe dúbida.

BaenaEu reproduzo un fragmento metapoético do libro Antes que el tiempo acabe (Madrid, 1978), pertencente ao poema “Ángel de lluvia”, que é unha homenaxe a Gerardo Diego e ao seu poemario Ángeles de Compostela:

Brioso el podador de otoño abate/con su hacha de líquenes el fronde/espeso. Se oye contumaz tijera/por el boj. Lluvia dulce cala noche,/astro, belleza, piedra, tenue música,/cañucelas de agua en Compostela.

En 1975 compilouse a súa obra entre 1946 e 1971, a Poesía completa en 1982 e 1998 e en 2002 En la quietud del tiempo.

Elegancia, influencia de Juan Ramón e Cernuda, rigor e contención definen a súa poesía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *