Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá XXX. Juan Gil-Albert

gilalbertRomán Arén. Cando eu era universitario nos setenta, Juan Gil-Albert (1904-1994) coñeceu un momento de gloria grazas á defensa que da súa obra fixeron Gil de Biedma e Francisco Brines e á edición de Memorabilia (1975) e Crónica General (1974). Logo Luis Antonio de Villena reivindicou Valentin. Era, pois, un Gil-Albert prosista, pero cómpre lembrar que é un gran poeta, autor de Misteriosa presencia (1936), Candente horror (1936), Son nombres ignorados (1938) e Mi voz comprometida (1980). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXX. Juan Gil-Albert →

Galicia e os galegos na poesía castelá XXIX. Alejandro Casona

casonaRomán Arén. Houbo un tempo, quizais entre 1962 e 1980, no que parecía que o dramaturgo, exiliado moitos anos en México, Alejandro Casona (1903-1965) ía ocupar un lugar central na historia do teatro español do século XX, quizais só por detrás de Valle-Inclán, Lorca e Buero Vallejo; logo mantivo certa fama e bastantes reedicións pero xa non tiña tanta consideración nin era lectura obrigada no ensino medio, pois pensaba algúns que o seu teatro envellecera, con dignidade iso si. Malia todo a súa foi mellor sorte cá doutros grandes dramaturgos exiliados (Jacinto Grau, Max Aub ou Dieste). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXIX. Alejandro Casona →

Un defensor do galego

Atravesar o fantasmaPastor Rodríguez. Licenciado en Filoloxía Galega, este ribeirán nado en 1978, foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e concelleiro na súa vila natal. Profesor de ensino medio, Carlos Callón é coñecido en toda Galiza pola súa firme defensa dos dereitos dos falantes galegos e por ser autor de libros sobre dereitos lingüísticos, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011), co que gañou o premio Redelibros, e polos manuais de uso do galego: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), mais tamén como ensaísta literario con volumes como Unha historia que nos pertence. A poesía galega de Lorenzo Varela (2005) e Amigos e sodomitas. Seguir lendo Un defensor do galego →

Galicia e os galegos na poesía castelá XXVIII. Rafael Alberti

Alberti650Román Arén. Non vou agora explicar a importancia de Alberti (1902-1999) na poesía española, senón sinalar os vínculos con Galicia, que non foron escasos. En primeiro lugar, o autor de Marinero en tierra, foi amante da gran pintora galega Maruja Mallo (1902-1995), como se ve nas colaboracións para <La Gaceta Literaria>, ilustradas pola galega, e no volume resultado diso, Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos está o poema “Carta de Maruja Mallo a Ben Turpin”, e é dende ese momento no que se pode falar de surrealismo na obra do gaditano. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXVIII. Rafael Alberti →