Arquivo da categoría: Poesía

No centenario da morte de Stuart Merrill

Stuart_Merrill_-_readingRomán Arén. Nos fastos do 150 aniversario do nacemento de Rudyard Kipling é case seguro que o centenario da morte do poeta Stuart Merrill (1863-1915) pase desapercibido en España e en Galicia. Norteamericano de Hampstead, foi, non obstante, poeta en francés, autor de Les Fastes (1891), Pétits Poèmes d’automne (1895) e Une Voix dans la foule (1909). Poeta simbolista, aínda moi presente nas antoloxías dese movemento, serviu de elo entre a cultura francesa e a anglosaxona pois traduciu os seus amigos simbolistas ao inglés (Pastels in prose). Seguir lendo No centenario da morte de Stuart Merrill →

Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (I)

A lingoaxe i as língoasPastor Rodríguez. Celébrase este ano o centenario do nacemento de Ramón Piñeiro (1915-1990), figura fundamental, e moi polémica, da cultura e da historia galega da segunda metade do século XX. Non moi prolífico, sen embargo escribiu moito máis, e de máis temas, do que se cre, pois só se leva compilada menos da metade da súa obra, esparexida por revistas, xornais e libros colectivos. Certo que A linguaxe e as linguas (1967), Olladas no futuro (1974), Filosofía da saudade (1984), e O espertar da conciencia galega (2009, ed. de H. Monteagudo) son obras que permiten comprender o esencial do seu pensamento en temas como a lingua galega, a saudade como esencia propia dun sentimento universal, Rosalía como figura central da nosa cultura e outros temas. Seguir lendo Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (I) →

Galicia e os galegos na poesía castelá XXIV. Gonzalo de Berceo

berceoRomán Arén. Hai ben corenta e cinco anos que no meu bacharelato elemental recibía as primeiras leccións de literatura española e o profesor, tras o Poema do Cid, explicaba as diferenzas entre o mester de xograría e o mester de clerecía. Dicíanos que o primeiro poeta coñecido español era Gonzalo de Berceo e que era monxe bieito en San Millán de la Cogolla. Só era unha parte da verdade, pois Berceo era un tradutor en verso dunha fonte latina e non era monxe, senón crego secular vencellado a San Millán e notario do abade. Naceu antes de 1196 e morreu antes de 1264. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXIV. Gonzalo de Berceo →

Galicia e os galegos na poesía castelá XXIII. Antonio Machado

Antonio_Machado_2Román Arén. Non teño constancia que Antonio Machado citase máis que dúas veces a Rosalía de Castro, aínda que son varios os estudosos galegos (Fabeiro Gómez, Carballo Calero) que relacionaron a autora galega co sevillano por mor do tema do “cravo” e a “espiña” no corazón. Foi, e é, Machado moi admirado en Galicia, cantado polos nosos poetas (Antonio Machado na nosa voz), estudada a súa figura ética por Alonso Montero e moi lido entre nós. Mesmo foi traducido algunha vez á nosa lingua (“Retrato”, por Albino Núñez (1901-1974) en <La Noche>, 19-6-1965). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXIII. Antonio Machado →