Román Arén. Foi un dos escritores máis lembrados, entre os españois, por Borges. Un gran escritor secreto, pouco reeditado ata hai ben pouco. Nacera en Sevilla en 1883, foi crítico fundamental na preguerra española e cría ser xudeu, ou quizais o fose. Falo de Cansinos, narrador, importante tradutor, formado no Modernismo pero que foi peza esencia das primeiras vangardas españolas, que logo caricaturizou en El movimiento V.P. (1921), que significou a súa separación do Ultraísmo. Non poden obviarse os ensaios agrupados en La nueva literatura (1925-1927) nin La novela de un literato, as súas memorias. Tratou a moitos escritores galegos, colaborou na revista luguesa <Ronsel> e foi autor dun só libro poético, (poemas en prosa), publicado en 1916, El candelabro de los siete brazos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XX. Cansinos-Assens.
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XIX. Un poeta portorriqueño.
Román Arén. En 1994 editou a Xunta de Galicia un volume de poesía, titulado Galicia. Sonetos y otros poemas, dun “tal” Evaristo Ribera Chevremont, e como é normal nestes casos, todos, eu incluído, optamos polo silencio. Alí andaba un pobre libro desprezado e a rolos pola biblioteca do centro de ensino no que traballo. A ignorancia é atrevida e suficiente. Ao cabo de anos varios, decidinme a lelo e pareceume un bo libro dun bo poeta, clasicista e de doada lectura. E a partir desa lectura a destempo, acode á miña memoria o vago recordo de telo lido nalgunha antoloxía. Como non uso a rede, Internet, para estas cousas, decidín fatigarme na miña biblioteca e nas que me eran máis próximas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XIX. Un poeta portorriqueño.
Galicia e os galegos na poesía castelá XVIII. Ramón de Basterra.
Román Arén. Foi Basterra poeta, ensaísta e diplomático, nacido en Bilbao en 1888, e pode ser clasificado como novecentista, membro da xeración de Ortega, Juan Ramón, Pérez de Ayala, D’Ors e Cansinos. Comezou a súa actividade literaria en 1905 e o seu labor diplomáico en 1915, que o levou a Roma, Bucarest e Caracas. Colaborador da revista vasca <Hermes>, a súa contribución ao Novecentismo foi a Escola Romana do Pirineo, mesturada con sublimacións áureas e co influxo do simbolismo belga, pois coñeceu e traduciu a Verhaeren, publicou varios libros poéticos e algúns ensaios. Sufriu tamén o influxo das vangardas en Vírulo, las Mocedades (1924) e Vírulo, Mediodía (1927), sobre todo do futurismo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XVIII. Ramón de Basterra.
Galicia e os galegos na poesía castelá XVII. Gil Parrado
Román Arén. Se houbo un galego famoso no mundo, que era sobre todo París, antes de María Casares, foi a “Bella Otero”, a nosa Carolina, a que tiña o lagarto pintado. E se houbo un poeta humorístico famoso na prensa de Madrid entre 1895 e a primeira guerra mundial foi “Gil Parrado”, é dicir, Antonio Palomero (Madrid, 1869-Málaga, 1914), que recolleu as súas poesías satíricas ou humorísticas en varios volumes, o máis coñecido co título de Cancionero de Gil Parrado (Madrid, 1900). Bohemio, amigo de Valle, de Carrère, de Paradas e de Manuel Paso, foi ademais magnífico divagador e xornalista con graza. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XVII. Gil Parrado