Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá VIII. Juan Ramón Jiménez

jimenezRomán Arén. É ben coñecido o aprezo que Juan Ramón tivo pola obra de Rosalía, manifesto xa dende a prosa “Rosalía de Castro” até os xuízos que manifesta en El Modernismo. Notas de un curso (1953), onde sinala o influxo da poeta, pero tamén de Curros, na súa obra primeira. O influxo rosaliano foi xa estudado por Alonso Montero e por Antonio Sánchez, e da poeta galega traduciu “Negra sombra” e un fragmento de “¡Prá A Habana!”, que son de boa calidade, como é lóxico nun poeta coma Juan Ramón, que logra un acerto no derradeiro verso de “Negra sombra”: “Sombra que sempre m’asombras”: “Sombra que siempre me ensombras”. Pero, ademais, o poeta de Moguer dedicou a Rosalía dous poemas: “El amor inocente” e “Como una abeja bendita”, dous textos de mocidade. Di así o primeiro: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá VIII. Juan Ramón Jiménez →

Galicia e os galegos na poesía castelá VII. O marqués de Santillana

Marques_de_Santillana_42026.jpg_1306973099Román Arén. Foi, para min, a primeira noticia de que o primeiro marqués de Santillana, Íñigo López de Mendoza (1398-1458) era tamén un poeta galego a Escolma de Poesía Gallega II. A poesía dos séculos XIV a XIX (1354-1830) de Xosé María Álvarez Blázquez, editada en 1959 (e reeditada en 2008) e aínda, cos seus límites, consultada. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá VII. O marqués de Santillana →

Un noiés en Cuba

CapturaPastor Rodríguez. Eduardo Núñez Martínez, D’Arxellas, naceu en Noia en 1888, fillo do tamén escritor Eduardo Núñez Sarmiento (1865-1906), quen fora para Cuba en 1894, tras exercer o maxisterio na vila noiesa. O seu fillo D’Arxellas chegou á illa cubana en 1906, onde se estableceu no rueiro El Cerro, da Habana, e viviu ata a súa morte o 15 de setembro de 1971. Exerceu como carpinteiro, pero tamén como xornalista, colaborando en El Eco de Galicia, Diario de la Marina, La Región Gallega ou Vivero en Cuba. Mais a súa vocación foi a poesía, que cultivou en castelán e galego. Xa en 1924 foi incluído nunha importante antoloxía cubana, Los argonautas. En 1926 apareceu o seu primeiro volume poético, En mis tedios del exilio, e xa en 1950 Himnos de bien. Seguir lendo Un noiés en Cuba →

Galicia e os galegos na poesía castelá VI. Luis López Álvarez

querenciasRomán Arén. Non goza da fama que merece o poeta leonés Luis López Álvarez, nacido en La Barosa, que en 1952 publicou o poemario Arribar sosegado, para editar logo unha ampla obra poética: Víspera en Europa (1957), Las querencias (1969), Rumor de Praga (1971), Cárcava (1974), Tránsito (1979), Cómputo (1985), Elegíaca (1985), Pálpito (1990) e Adarmes (1991). Profesor universitario, na súa estadía en París fundou a revista <Desquicio>. Xa en 2001 a famosa colección Esquío de Ferrol editoulle Querencias y quereres, que contén un poema dedicado a Salvador de Madariaga e o titulado “Santiago de Compostela”, un soneto: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá VI. Luis López Álvarez →