Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castela III: Gerardo Diego

gerardo diegoRomán Arén. A orde dos meus papeis pode dar a impresión de que coleccionei os poemas a Galicia dos autores franquistas, e Gerardo Diego, un dos grandes poetas da Xeración do 27, foi tamén un dos que apoiou a Franco, aínda que dende 1945 xa sen moito compromiso. Poeta de amplo rexistro, de vida longa, de calidade contrastada, está hoxe envolto nunha certa néboa, non incómoda a home discreto como foi. Vangardista e clasicista, coloquial e retórico, ten a importancia para nós de que é autor de Ángeles de Compostela (1940), libro que se xestou dende 1936. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castela III: Gerardo Diego →

Eu son… o Pico

pico 1Xosé Manuel Lobato. Alborexar primixenio, sobre un enredo espectacular e inmemorial de astros danzantes.

Balcón sorprendente, dende onde a ousadía consegue relación entrañable co cénit místico.

Cantor de murmurios, sons afastados e illados que transportan ata o dédalo da historia.

Dama venturosa, soñadora de inocencia e imaxinación precoz ata acadar o enxoval feliz.

Espírito diabólico, raptor de testemuñas na ultratumba para enxergar un profundo frescor. Seguir lendo Eu son… o Pico →

Un bosque gaélico

antoloElisa Lobeira. Carme Rodríguez Alonso vén de publicar en Trifolium, na colección Musa pedestris, Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea (2015), en edición bilingüe e con prefacio de Manuela Palacios. Un bosque gaélico para tender pontes con outra cultura minorizada, que converte en “estranxeiros na propia patria” os falantes do gaélico. A escolma inclúe trece poetas contemporáneos, de Máirtín Ó Direáin a Celia de Fréine. Da poesía da terra, da nostalxia do edén, do paraíso perdido (cando todos falaban gaélico?) á contemporaneidade sen complexos, en diálogo con outros de sorprendente modernidade. Seguir lendo Un bosque gaélico →

Galicia e os galegos na poesía castelá II: Manuel Machado

Antonio_Machado_por_Leandro_Oroz_(1925)Román Arén. Manuel Machado Ruiz (1874-1947) foi un dos intelectuais españois máis importantes do bando franquista, ben é verdade que o seu non era a loita ideolóxica. Gran poeta parnasiano e simbolista, autor de libros poéticos como El mal poema, Cante Honde, Ars Moriendi, Phoenis e Horas de oro, foi tamén crítico e dramaturgo en colaboración co seu irmán Antonio. En 1940 a Falanxe editoulle en Barcelona Poesía. Opera Omnia Lyrica, que eran con omisións, case unhas Poesías completas. No volume a presenza de Galicia non é pequena, pois contén “Sinfonía Gallega”, “Santiago de Compostela”, “La canción del invierno”, dedicada ao poeta galego Javier Valcerce, Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá II: Manuel Machado →