Xosé Manuel Lobato. Tenra idade, inocencia que perturba a realidade, un desenvolvemento nun medio humanizado e hostil. A incipiente variable temporal aínda permanece aparellada coa inconsciencia, este dúo unido intimamente magnifica ao ser humano, que comeza amosando con intensidade o seu ego acaparador, sen contemplar o maquinado ameazador. Dende sempre escoitamos con insistencia enfermiza, fundamentalmente a estas idades, que un corpo debe gozar de saúde. Seguir lendo Para unha crianza
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá I: Dionisio Ridruejo
Román Arén. Ben se sabe que a imaxe de Galicia e os galegos é, maioritariamente, negativa na literatura castelá, en prosa e en verso, dende o século XVI até ben mediado o século XIX e que iso aínda perdura no século XX e aínda hoxe, aínda que xa non tan brutalmente. Quen o queira comprobar pode acudir a un libro moi útil, A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá (1993), de Xesús Caramés Martínez. No desprezo de Galicia conflúen motivos históricos, sociais, lingüísticos e políticos.Mais tamén é verdade que, sobre todo dende a metade do XIX, moitos poetas casteláns cantaron en positivo sobre Galicia (Campoamor, Ruiz Aguilera, Núñez de Arce, o Duque de Amalfi), aínda que a miúdo recorren a tópicos (con base na realidade) como a chuvia, a gaita, o hórreo, o carballo, a néboa, a paisaxe verde… Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá I: Dionisio Ridruejo
Robert Burns en galego
Román Arén. Se hai iso que se chama “poeta nacional” o noso é Rosalía e Robert Burns é o de Escocia. Pero é, asemade, e mesmo por iso, un poeta universal, que agora vén para o galego da man de Raúl Gómez Pato en Edicións Positivas. Por fin anósase un dos “pais intelectuais” de Bob Dylan. Alta sensibilidade estética, pero tamén ética. De orixe humilde, inspirado por Pope e Sterne, foi de aí á poesía propia. Só John Clare en Inglaterra é un espírito afín, pero Burns é máis áxil, máis popular no mellor senso do termo, máis musical. O folclore foi, como en Rosalía, unha inspiración mais non unha lousa, porque o axudou a crear a súa propia voz. Seguir lendo Robert Burns en galego
Na morte de Herberto Helder
Román Arén. Foise unha das grandes voces da poesía europea, o gran poeta portugués, con Mário Cesariny, do último medio século, quen amosou xa voz propia con O amor en visita (1958), pero que se converteu nun poeta imprescindible dende A colher na boca (1961), o gran alquimista verbal que fai das palabras o fío condutor dunha metamorfose que chega ás veces aos límites da linguaxe e dos sentidos. Poesía torrencial, ondulante, de raíz surrealista moi persoal, que dá nunha escrita volcánica o mellor de si mesma. A verdade é a testemuña da loucura, do seu ardor. Seguir lendo Na morte de Herberto Helder