Robert Burns en galego

robert burnsRomán Arén. Se hai iso que se chama “poeta nacional” o noso é Rosalía e Robert Burns é o de Escocia. Pero é, asemade, e mesmo por iso, un poeta universal, que agora vén para o galego da man de Raúl Gómez Pato en Edicións Positivas. Por fin anósase un dos “pais intelectuais” de Bob Dylan. Alta sensibilidade estética, pero tamén ética. De orixe humilde, inspirado por Pope e Sterne, foi de aí á poesía propia. Só John Clare en Inglaterra é un espírito afín, pero Burns é máis áxil, máis popular no mellor senso do termo, máis musical. O folclore foi, como en Rosalía, unha inspiración mais non unha lousa, porque o axudou a crear a súa propia voz.

A antoloxía de Burns posta en galego por Gómez Pato contén case trinta poemas, entre eles dous dos máis populares: “Unha rosa, rosa encantada”, fermoso poema amoroso, e “A través do centeo”. iburnsr001p1Edición bilingüe, boa para os que len inglés que podan alternar coa versión galega, contén tamén “Un home é íntegro pese a todo”, que se cantou na inauguración do Parlamento de Escocia en 1999 e “Polos velos tempos”, que xa traducira Plácido Castro do galego en 1966, pero tamén “Un bico agarimoso, e despois arredarnos”, que inspirou a Ken Loach “Just a Kiss”. Tamén o lembrado Carballo Calero lle dedicou un traballiño na revista <Nós>: “Robert Burns e o diaño” (1932).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *