Gonzalo Trasbach. Se é certo que a poesía non debe recuar fronte ao reto ou desafío do sentido común, á sinxeleza do vulgar. Que non debe buscar un mundo aparte, a salvo, nin debe ser tampouco o adorno ou casa de turismo rural excepcional da fin de semana. Nin así mesmo o colorido da prosa do día ou da noite, todo un luxo para o tempo de lecer. Se é certo que a poesía é a verdade do mundo, razón pola cal debe ser precisa, moito máis que a ciencia: coa precisión do imperfecto, do irregular e rugoso, do que está mesturado coa morte e o non saber cotián. Se son certas as cousas escritas nestas liñas, entón afirmamos, sen rubor, que Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975), é unha poeta auténtica. Seguir lendo Sobre Cráter, de Olga Novo
Arquivo da categoría: Poesía
Amor pola palabra
Pastor Rodríguez. Nacido en 1959 en Ribeira, Xabier López Marqués é un dos poetas importantes da nosa bisbarra. Comezou a súa carreira literaria en galego con Polos mares das améndoas (2000) para continuar cunha poesía máis depurada en cada título, menos directa, de gran preocupación pola palabra, en obras como Das paisaxes esquecidas, Tránsitos (2005), A lúa nun ichó (2007), Caderno de Ponza (2010) ou Chafariz (2013). Profesor de ensino medio, licenciado en Filoloxía Hispánica con La poesía última de Borges, e doutorouse con La poesía estridentista mexicana, en 1995, na que estuda o movemento de vangarda fundado por Maples Arce e presente nas letras mexicanas entre 1921 e 1927. Seguir lendo Amor pola palabra
Celebración, o corpo trenzado da linguaxe
Román Arén. Coa publicación de Crac ficou claro que nacía unha voz nova, unha voz chea de promesas, na poesía galega, a voz de Gonzalo Hermo, de Taragoña. Unha voz máis alá da saudade e da esperanza oca, unha voz múltiple, dialóxica, na que a metáfora do propio corpo é transposición de toda meditación, camiño de futuro, lugar do canto, das palabras, palabras que son carne, carne alén da morriña, consciencia para esquecer e camiñar contemplando o mundo de novo. Agora Celebración, da nova editorial Apiario, que coido que promoven as poetas Dores Tembrás e Antía Otero, vén confirmar o que xa viamos. Seguir lendo Celebración, o corpo trenzado da linguaxe
Esther Carrodeguas, teatro e poesía
Pastor Rodríguez. Esta rianxeira nada en 1979 é un “animal” teatral, pero tamén poeta. Licenciada en Xornalismo, técnica superior en imaxe, con estudos de teatro, é a directora do grupo teatral Airiños, un grupo con máis de oitenta anos de actividade, pero é asemade actriz, fotógrafa, técnica audiovisual e gañadora do Premio á mellor dirección da Mostra de Teatro Universitario. Sen dúbida, unha das figuras emerxentes de máis forza no Barbanza. Carrodeguas non só escribe, dirixe ou interpreta teatro, sempre co galego como material de traballo, senón que tamén é activista cultural, promotora do concurso Slam de Poesía e poeta, autora de volumes como Collage (Barbantesa, 2011), un poemario rupturista, e Supermarket. Seguir lendo Esther Carrodeguas, teatro e poesía