Arquivo da categoría: Poesía

De seda e ouro

el libro de jadeRomán Arén. Con estas palabras definía Anatole France un libro de Judith Gautier, asinado como Judith Walter. O libro de Xade, publicado en 1867 e que agora recupera a editorial Ardicia (Madrid, 2013) co verdadeiro nome da autora, acompañado dunha semblanza de Remy de Goncourt, con Marcel Schwob, un dos grandes do simbolismo francés. Jesús Ferrero asina o posfacio. Non é un libro calquera, é a primeira tradución importante de poesía chinesa ao francés. Foi clave no influxo do Oriente en impresionistas e simbolistas. Tradución en prosa (como Manuel Machado faría con Verlaine), nunha prosa poética que capta perfectamente o espírito dunha cultural sutil e milenaria. Non é unha tradución literal, pero tampouco libre. Unha adaptación? Seguir lendo De seda e ouro →

Cabanillas connosco

na noite estrelecidaRomán Arén. Ando estes días ás voltas con Cabanillas e Na noite estrelecida, para llelo explicar aos alumnos e alumnas, ad usum delphini pois ninguén pon en dúbida que é o autor de Cambados unha das nosas grandes figuras literarias, pero… Pero parecía ben sepultado na súa Obra completa até hai uns poucos anos, nos que se editan por solto as súas obras, ben comentadas, recentemente mereceu unha boa biografía e está máis lido agora, e ben lido, que hai dez anos. Cabanillas é unha figura fundamental da nosa literatura, inserido non só na tradición galega, senón tamén nas tradicións europeas: a lección dos mestres do Rexurdimento, o prerrafaelismo, o simbolismo, o modernismo, o saudosismo. Seguir lendo Cabanillas connosco →

Cesariny por Cesariny

cesariny 1Román Arén. A colección Sons de Assírio & Alvim edita este Poemas de Mário Cesariny ditos por Mário Cesariny (2007), con capa do propio autor de 1948. O libro, claro é, vai na compaña dun CD de case unha hora coa voz do poeta.Foi Mário Cesariny (1903-2006) figura chave, figura rei, do surrealismo portugués, no que entrou en 1947 con O’Neill e Lisboa, para pasar a 1949 ao grupo Surrealista Dissidente con Leiria e Lisboa. Grande poeta, que arrincou do compromiso realista para escribir O virgem negra (desmitificación de Pessoa), Pena Capital, Titânia ou a cidade escura, Manual de Presdigitaçao, A cidade queimada, A intervençao Surrealista, Nobilíssima Visao, Jornal do gato e outras varias. Seguir lendo Cesariny por Cesariny →

O lusco-fusco do Pingüín

el-claroscuro-del-pingc3bcinoElisa Lobeira. Explícase a poesía? Ilumínase, ou vívese como querían os surrealistas? Remato unha antoloxía de Mary Jo Bang (1946), unha das máis interesantes voces poéticas (por non dicir nin poeta nin poetisa) dos EEUU, unha escolma que abrangue máis de quince anos da súa traxectoria, en tradución ao castelán de Patricio Gringerb e Anibal Cristebo, e cun limiar, intelixente, de Luna Miguel. Versos brancos, pero versos con maxia, sen a autora, pois a autora é unha metáfora, unha personaxe á que dá vida, unha vida de palabras. Unha narradora que é unha actriz para a que se escriben guións. Guións que foron de ton alto, “culto”, enfático de “Elexía”, escura, para unha poesía máis anovadora, de futuro, de fito que anuncia novas voces. Seguir lendo O lusco-fusco do Pingüín →