O lusco-fusco do Pingüín

el-claroscuro-del-pingc3bcinoElisa Lobeira. Explícase a poesía? Ilumínase, ou vívese como querían os surrealistas? Remato unha antoloxía de Mary Jo Bang (1946), unha das máis interesantes voces poéticas (por non dicir nin poeta nin poetisa) dos EEUU, unha escolma que abrangue máis de quince anos da súa traxectoria, en tradución ao castelán de Patricio Gringerb e Anibal Cristebo, e cun limiar, intelixente, de Luna Miguel. Versos brancos, pero versos con maxia, sen a autora, pois a autora é unha metáfora, unha personaxe á que dá vida, unha vida de palabras. Unha narradora que é unha actriz para a que se escriben guións. Guións que foron de ton alto, “culto”, enfático de “Elexía”, escura, para unha poesía máis anovadora, de futuro, de fito que anuncia novas voces. Unha poeta (poetisa?) que con Tracy Smith ou Eileen Myles, pon pedras para un novo vieiro. Dende a altura neutral para velo todo: a beleza e a fealdade, o claro e o escuro.

“y mientras caminaba a través de la niebla gris del día, / falsear lo vaporoso / como si se tratara de algo concreto: el humo de un cigarrillo…”

el claroscuroSi, o eu disfrázase, ocupa outros eus para facer o ego: “mediante pequeños pero ambiciosos robos/ el yo se convierte en uno mismo”. Importancia da arte contemporánea (Gober, Polke, Kooning, Picasso), a metáfora como síntoma da mente, a poesía como icona do desequilibrio.

“Es mejor no confiar en nada más que el tacto/ y la temperatura – en un ssistema donde cero signifique / la traición del calor”.

Edita a Mary Jo Bang a modesta editorial Kriller 71, nun catálogo onde atoparedes tamén a Leminski, Antunes e Bringhurst.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *