Román Arén. Agás Orham Pamuk, é raro ter literatura turca traducida ao galego. María Xosefa Baamonde García e Infan Güler puxeron, en 2013, na nosa lingua o único poemario de Almed Arif (1927-1991), Desgastei cadeas estrañándote, de 1968, un éxito na literatura de Turquía con máis de sesenta edicións. Arif foi torturado e detido en 1951 e non deixa de estar iso presente na súa poesía, pero non é un poeta social. Na súa voz conflúen longa tradición poética turca e a tradición vangardista europea, para formaren unha voz potente e persoal. Amor e resistencia, forza e tenrura, loita e esperanza. Dezanove textos, ouveos que “son balas explosivas/esnaquizadas na miña boca”. Seguir lendo Poesía turca, Ahmed Arif
Arquivo da categoría: Poesía
O coruscar da moreniña
Xosé Manuel Lobato. Alborexar diario. Baliza de Rianxo,/bailarina excelsa. Cénit místico,/cantora da marusía./Deusa na morada,/dama venturosa. Enxoval presente,/espírito agarimoso. Frescor inten-so,/fascinación constante. Gnose glosa-da,/gamela segura. Honesta sensibili-dade,/halo luminoso. Icona senlleira,/in-tercesora fiel. Kyrie harmónico,/Kharxa pretérita. Labieira singular,/loa fascinante. Marabilla celeste,/murmurio da ondada. Nai idílica,/natura sorprendente. Seguir lendo O coruscar da moreniña
O señor de Rianxo, de novo entre nós
Román Arén. Evaristo Martelo Paumán Nero e Zuazo foi definido polo profesor Carballo Calero como “fidalgo idealista”, mais foi algo máis ca un fidalgo, pois era marqués de Almeiras, vizconde de Andeiro, señor do pazo de Rianxo, que herdara dos Soutomaior, e das Torres de Vimianzo. O seu idealismo traducíase, na práctica, en carlismo, un carlismo de rostro humano, un “feudalismo ilustrado”, engade con sorna Carballo. Pero este nobre anacrónico xa na súa época, moi amigo de Pondal, volve agora a nós da man da editorial Plan B, cunha Antoloxía poética que inclúe o monólogo dramático, en verso, Rentar de Castromil, posto nas táboas en 1904, que non carece de méritos, moi próximo ao poeta de Ponteceso. Seguir lendo O señor de Rianxo, de novo entre nós
Pardo de Andrade na Galea
Román Arén. A visita do presidente da RAG, Alonso Montero, a un acto literario en Boiro, na Galea, trouxo consigo non só a oratoria académica, o xantar entre amigos e agasallos de libros. A min tocoume Pardo de Andrade, o autor dos Rogos dun galego contra a Inquisición, folleto de 1813, que xa coñecera unha edición de Maure na popular colección O Moucho da editorial Castrelos e que agora ve lume de novo, en facsímile e en edición de Henrique Monteagudo. Foi o primeiro éxito do galego escrito ata a chegada do Catecismo do labrego de Lamas, pois coñeceu cando menos cinco edicións no ano da súa publicación, e non só en Galiza, senón tamén en Cádiz, a cidade das Cortes na Francesada, e en Madrid. Nas seguintes décadas volve a ser reeditada. Seguir lendo Pardo de Andrade na Galea