Fidel Vidal. “¿Pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser? ¿Cantos homes son precisos, no escuro, para facer na luz só un home verdadeiro?” Velaí as preguntas sobre as que reflexiona Álvaro Cunqueiro na obra O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Galaxia, 1958). Cunqueiro non nos presenta o seu Don Hamlet como un señor, senón como o incerto señor. Nin tan sequera, antes ao contraio, o título de príncipe (de Dinamarca) asegura o seu ser como home (de palabra). A certeza do ser non está confirmada. Trátase de alguén inseguro de si mesmo, dun ser variábel. Un toleirán indeciso que toma decisións con acenos de arroutadas. Daquela faise válida unha pregunta: De que escuridade nacen as súas palabras e os seus actos? Seguir lendo As certezas do incerto do señor Don Hamlet →