As certezas do incerto do señor Don Hamlet

35b8a16646c80f055b33f270c1eed977Fidel Vidal. “¿Pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser? ¿Cantos homes son precisos, no escuro, para facer na luz só un home verdadeiro?” Velaí as preguntas sobre as que reflexiona Álvaro Cunqueiro na obra O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Galaxia, 1958). Cunqueiro non nos presenta o seu Don Hamlet como un señor, senón como o incerto señor. Nin tan sequera, antes ao contraio, o título de príncipe (de Dinamarca) asegura o seu ser como home (de palabra). A certeza do ser non está confirmada. Trátase de alguén inseguro de si mesmo, dun ser variábel. Un toleirán indeciso que toma decisións con acenos de arroutadas. Daquela faise válida unha pregunta: De que escuridade nacen as súas palabras e os seus actos?

O coro baixa despacio polas escaleiras. Un fato de xentes escuras, sin idá nin sexo, que visten roupas pardas, ou da color do fume e do mofo, que arrimadas ás paredes confúndense coelas. (Entrada á Xornada Primeira, p.19)

As xentes escuras, quen son? Ese fato de xente, sen idade nin sexo, non pertencerá ao mesmo feixe que habita o inconsciente? Ou só son os outros ao axexo, esoutros confundíndose coas paredes, desde a sombra? A sombra, para Jung, é aquela parte do inconsciente que o home reprime porque encerra canto hai no seu ser que se utilizou para construír unha boa imaxe de si mesmo. “Para ser Narciso hai que deixar de ver a Sombra. Mais esta non comprende só os nosos defectos, os nosos pecados, senón tamén potencias xerminais que o home necesita para desenrolar as posibilidades que hai no seu ser”.

HAMLET.- Páxinas hai en min que a min mesmo mas vedo (Xornada Primeira, Escea II)

1510589852_191060_1510595573_noticia_normalCunqueiro co seu Don Hamlet (dedicado a Fernando Alonso Amat) resume a tese de Freud sobre o Edipo que encerra Hamlet ao transformar o tío asasino no seu propio pai. Don Hamlet cando o sabe, asombrase, e non quere saber.

HAMLET.- ¡Ouh Coro, fala, sigue falando para que non teña eu tempo de pensar! Ouh pensa ti por min. (Xornada Primeira, Escea II)

“Ouh pensa ti por min”. Despois de lle dar moitas voltas á traxedia de Shakespeare, “dei na teima –di Cunqueiro- de que había algo no máis fondo do conto que non tiña sido usado polo dramaturgo inglés. Rogo que se acepte que estas liñas están escritas cunha humildade sen reservas. E un día veume, coma un lóstrego, a revelación. O Usurpador, era o verdadeiro pai de Hamlet. Entón, todo cadraba mellor”.

Estamos, xa que logo, de regreso a Edipo, ao Edipo, e a unha forma da “máis famosa das lendas que predican do home, que contan do home que para o ser matou ao pai e casou coa súa nai.”

2 comentarios en “As certezas do incerto do señor Don Hamlet

  1. Querido Fidel:

    Después de leer tus artículos, cada vez me atrae más la lectura de Cunqueiro. Lo malo es que a mí me gusta leer un libro, presenciar una obra de teatro o asistir a cualquier evento cultural, sin escuchar comentarios previos. Prefiero sacar mis propias conclusiones y después cotejarlas con las de otros más versados en la materia. Claro que para argumentar tienes que documentarte, y si ni siquiera has leído la obra…
    Pues a eso voy…, que prefiero pensar por mí -aunque sea malamente- y no lo hagan los demás, como pretende Don Hamlet.
    Mi abuela le llamaba “toleirón” a la persona que actuaba de forma alocada, irreflexiva. Lo de “toleirán”, nunca lo había oído.
    Ah, ¿ y quién no trata de vedar alguna página de su vida?
    Aunque ando muy atareada (atareadísima me parece todavía más superlativo), el lunes revuelvo Roma con Santiago y me hago con el libro. Tengo interés en leerlo.
    Y ahora me voy a dormir, que mañana me toca preparar un buen cocido gallego para quince personas.
    Espero el pronto regreso de Magdalena para que vuelva a imprimir su toque personal a este estupendo blog.
    Boas noites.

    1. Toleirón ou toleirán, dá o mesmo, querida e atarefada Carmen. Concordo contigo respecto da lectura ou da asistencia a calquera evento cultural. O meu non deixa de ser un “xogo” coas palabras e co texto e penso que non resta nada a posteriores entradas na obra.
      Co tema da “veda” venme á memoria unha anécdota dunha miña sobriña neta. Tendo ganas de nécoras pideullas a súa avoa. E esta contestoulle que non podía ser polo feito de que nesa época “estaban en veda”. Ao que a nena respondeu decontado: “Pois vamos a Veda”.
      Saúde e mariscos frescos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *