Todo ou nada

travesia-en-velero-a-ibizaX. Ricardo Losada. Se me dixesen que, como amigo da Filosofía, dividise o mundo en dous tipos de persoas, teríao claro. Aqueles que din Non teño tempo para nada e aqueles que din Hai tempo para todo. E dividiríao dese xeito porque estou en contra dese tipo de divisións dicotómicas. Contradígome? Non, pois se vos fixades ben, é o mesmo dicir unha cousa que a outra. Como diría algún filósofo, o todo e a nada son dúas caras da mesma moeda. Dicir que Deus está en todas partes é como dicir que está en ningunha. Dicir que o sabe todo é como dicir que non sabe nada. Dicir que o pode todo é como dicir que non pode nada.

Pero unha cousa é o que din os filósofos e outra ben distinta o que di o sentido común. E o sentido común di… Un momento. Agora que o penso. O sentido común coincide cos filósofos. Tan inútil é o que di non ter tempo para nada como o que di ter tempo para todo: os dous acaban por non facer nada. O primeiro porque, se non hai tempo, para que molestarse. O segundo, porque se hai tempo dabondo, xa o fará máis adiante. O mesmo sucede cun pesimista e cun optimista. Se van navegando nun veleiro e, de súpeto, o vento calma, o pesimista quéixase da súa mala sorte e déitase a agardar polo (maldito) vento; o optimista, convencido de que o vento volverá axiña, tamén se deita a agardar polo (bendito) vento.

E que din os filósofos ao respecto? Os que non me gustan debaten sobre se existe o vento, e se é mellor ser optimista ou pesimista. Os que me gustan, que non hai que ser optimista nin pesimista, senón reparar o barco deixándoo nas mellores condicións para cando volva o vento.

5 comentarios en “Todo ou nada

  1. Prezada Naty:

    Xa teño dito que o meu labor aquí non é de profesor, pero, como me gusta moito
    a miña profesión, seguirei aceptándoo con deportividade.
    Gústame máis iso de que case acabas “tarumba” lendo o meu texto. É a única forma de acabar tendo algo claro, e iso é algo que a min me gusta provocar. Tómoo como un afago.
    Respecto ao barco, un vai descubrindo cos anos que, a medida que o barco que leva a nosa mente se vai deteriorando, a mellor solución é reparalo día a día con esa sabedoría práctica que xa recomendaban os primeiros filósofos. E sen pensar se nos queda moito ou pouco por vivir. COmo diría Montaigne, todos estamos á mesma distancia da morte pois calquera, independentemente da idade que teña, pode
    morrer mañá.
    Unha aperta agradecida

  2. Muy discreta por tu parte Carmen: También yo conocía, desde hace un par de días, la razón del silencio de Magdalena por Barbantia, pero poco más. Y al igual que tú, digo lo mismo: ella, mejor que nadie, explicará el motivo de su usencia. Mi deseo sincero de que vuelva pronto. Un abrazo.

    1. Profesor: Después haber leído su artículo de “Todo ou nada”… a medida que lo iba leyendo, creí volverme “tarumba”; por eso ya no sé si soy pesimista u optimista. Me lo ha puesto difícil. Optaré por “arreglar el barco” ya que me parece la más SABIA de las opciones. Gracias por enseñarnos tanto!!! Nunca es tarde para aprender. Y en esta aclaración va incluida mi edad, que no es poca. Quiero decir que, ya poco me queda para seguir aprendiendo pero, como ello no ocupa lugar, intentaré seguir llenando mi “granero personal” con la Cultura y Sabiduría de sus artículos. Gracias!!!

  3. Tamén é moi diáfano o teu marabilloso comentario de que pode falarse con Deus, pero non sobre Deus. E tamén tes razón en que se a continuación nos dedicásemos a facer teodicea sobre esa afirmación, probablemente comezarían a xurdir matices, diferenzas e polémicas. Disfrutemos, xa que logo, do que nos une. Eu tamén falo moitas veces con Deus, aínda que non crea na súa existencia.
    Agardemos que Magdalena, que é das que naceu para pórse mans á obra e reparar o barco, volva pronto con nós.
    Outra forte aperta

  4. Querido profesor:
    Me gusta tu razonamiento sobre el todo y la nada porque es inteligible: diáfano como el agua cristalina.
    En cuestiones filosófico-teológicas no quiero meterme, ya que no saldría bien parada. Dios es asunto de cada uno. Poco más puedo decir… Soy de las que creen que se puede hablar con Dios, pero no de Dios. La teodicea que la debatan los filósofos y los teólogos.
    Elemental, querido profesor… Pongámonos manos a la obra y reparemos el barco.
    Os extrañará que vuestra comentarista oficial no haga acto de presencia estos días… Razones poderosas se lo impiden. Espero que la tengáis pronto con vosotros y ella misma os explique la causa de esta ausencia.
    Un fuerte abrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *