Arquivo da categoría: Teatro

Ñaque, de piollos e actores

ñaqueAntonio Piñeiro. Teatro Allegro, Suso Marnu e Carlos Canas, din terse namorado da pendencia branda, descoideira e comprensible de Ríos e Solano, os personaxes do ñaque que, na versión de José Sanchís Sinesterra, temos ocasión de compartir estes días en Corrubedo, no Sursum Corda. Cando se trata de amor -dixo alguén- non se pode esperar outra lóxica que a dunha viaxe inesperada. Seguir lendo Ñaque, de piollos e actores

Rechouchío, de Álvaro de las Casas

rechouchíoXerardo AgraFoxo. Existían dúas edicións –en galego– desta peza dramática do que durante a Segunda República fora catedrático de Xeografía e Historia e director do Instituto de Segunda Ensinanza de Noia. A primeira apareceu no ano 1936 na colección Nós. Pubricacións Galegas que editara Ánxel Casal, alcalde da cidade de Santiago, antes de que os fascistas o pasearan en Cacheiras (Teo). A segunda edición, foi publicada tres anos máis tarde por Emecé Editores –concretamente, o 3 de novembro de 1939– en Buenos Aires, que tirou na Imprenta López 470 exemplares cando xa o autor ourensán se exiliara por culpa da Guerra Civil española. Seguir lendo Rechouchío, de Álvaro de las Casas