Arquivo da categoría: Teatro

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

araquistainRomán Arén. Luis Araquistáin e Quevedo foi una figura moi importante na política española de preguerra e da Segunda República, non tanto polos seus cargos políticos (deputado, embaixador en Berlín) como polo seu liderado da esquerda socialista e referente do pensamento progresista español, que exerceu como director de publicacións como <España> (1916) e, sobre todo, <Leviatán> (1934-1936) e <Claridad> (1935). M. Bizcanondo estudou o papel de Araquistáin no pensamento da esquerda española nun libro de 1975. Pero Araquistáin, nacido en Bárcena de Pie de Concha en 1886 e membro da Xeración do 14 Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

Os prisioneiros

Carvalho Calero - 4 pezasAlberte Pagán. O Auto do prisioneiro, escrito em 1969 e publicado na revista Grial em 1970, é a quarta peça teatral que Ricardo Carvalho Calero recolheu no livro 4 pezas (Galaxia, 1971). Um prisioneiro desfruta na sua cela de todas as comodidades: telefone para comunicar-se com o exterior, aquecimento central, sexo, comida, amizades, visitas e um guarda que é servente, condenado a seguir as rotinas horárias e alimentares do preso. Apreendemos que o diretor do cárcere é seu pai, um pai ausente que nunca colhe o telefone e nunca abre a porta da sua oficina. Realmente existe? Ninguém o conhece mas todo o mundo espera umha mensage del. “Pero ¿hai un direitor?”, pergunta o confinado. Seguir lendo Os prisioneiros

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch

descargaRomán Arén. Don Juan Eugenio de Hartzenbusch foi carpinteiro, pero chegou a erudito, fundamental na súa época para a comprensión do teatro, membro da Real Academia Española en 1847 e a director da Biblioteca Nacional en 1862. Nacera en Madrid en 1806, de pai alemán e nai andaluza, e no seu século foi famoso como dramaturgo por Los amantes de Teruel e como poeta polas súas Fábulas en verso castellano (1848), xénero poético moi cultivado no século XIX e no que tamén destacaron os galegos Luis Folgueras, Concepción Arenal e o Barón de Andilla. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch