Arquivo da categoría: Antón Riveiro

O valor das palabras

palabrasAntón Riveiro Coello. Leo, abraiado, que un empregado de Amazon, por mor dunha falta de ortografía, causou unha perda de 140 millóns de euros. Sei que os escritores gustamos de soñar coa posibilidade de cambiar o mundo cunha soa frase. Sometemos puntos e comas a unha comprobación exhaustiva, pelexamos coas palabras e entendemos ben a Wilde cando nos di que estivo corrixindo un poema toda unha mañá para tirar unha coma que volveu poñer pola tarde. Seguir lendo O valor das palabras

Viaxe á última revolución, de Xerardo AgraFoxo

viaxe-a-ultima-revolucionAntón Riveiro Coello. Trinta días, trinta capítulos, trinta lugares de Cuba compoñen a crónica desta interesantísima viaxe que o autor noiés fixo en solitario pola illa caribeña en novembro de 2014, subido en camións da época de Baptista, ofrecéndonos unha realidade que está fóra dos mapas idealistas e dos circuítos turísticos. Logo de viaxar primeiro polos libros, Xerardo AgraFoxo pasa agora sen facer ruído, fúndese entre as xentes e, con paciencia, vailles gañando a confianza até que botan a lingua a pacer e proxectan parte do fracaso dunha revolución que o tempo lambe coma unha ruína antiga e fermosa. Seguir lendo Viaxe á última revolución, de Xerardo AgraFoxo

A historia interior

interior1Antón Riveiro Coello. Na Poética, Aristóteles apuntaba que o poeta expresa principalmente o universal da natureza humana e o historiador o particular e relativo, mais isto tampouco se pode tomar ao pé da letra, porque calquera personaxe, tanto da historia como da ficción, expresa sempre algo universal e algo relativo e, como di Menéndez Pidal, a lóxica natural que dirixe os pensamentos e as paixóns dos seres vivos non é distinta da que guía a un heroe de drama ou de novela. Seguir lendo A historia interior